Áreas
-
Áreas
- Deporte
- Xustiza
- Administración local
-
Relacións institucionais e parlamentarias
- Funcións e competencias
- Axenda do Parlamento de Galicia
- Normativa - Relacións institucionais
- Normativa - Relacións parlamentarias
- Iniciativas lexislativas do Goberno
- Acordos tomados no Parlamento
- Informe dos resultados electorais
- Financiamento das formacións políticas
- Glosario de termos parlamentarios
- Rexistro de convenios da Xunta de Galicia
- Conflitividade constitucional
- Emerxencias e Interior
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Mobilidade
Mobilidade
A Dirección Xeral de Mobilidade exerce as funcións de impulso, xestión e coordinación das políticas nos ámbitos da planificación, financiamento e ordenación do transporte. En concreto, abarca os servizos e as infraestruturas de transportes na comunidade, así como a investigación sobre transporte, loxística e mobilidade.
Entre as funcións deste departamento inclúense:
- A asistencia e a supervisión ao funcionamento da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia
- A ordenación do transporte terrestre, por cable e marítimo no ámbito competencial da comunidade
- As competencias dos servizos de transporte a escolares con dereito a transporte escolar gratuíto e do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, como transporte adaptado
- O control e inspección dos modos de transporte
- A tramitación e a resolución dos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre e marítimo
- A implantación da mobilidade sustentable
- A coordinación dos transportes urbanos cos interurbanos
- A execución da oferta intermodal de transporte na comunidade e das infraestruturas do transporte de viaxeiros/as e a proposta de adxudicación e explotación das terminais de transportes de viaxeiros/as
- A xestión dos centros integrados de transporte e de plataformas para as actividades do transporte e a operatividade loxística de mercadorías
- As instalacións de transportes por estrada, ferrocarril, aéreo e por cable e, en xeral, a coordinación da actividade dos servizos territoriais de mobilidade