Servizos web ao funcionario/a
Cubra, a través deste portal, de forma cómoda e segura as súas solicitudes de:
- permisos,
- reincorporación ao posto de traballo despois de enfermidade,
- licenza por estudos,
- axudas do programa de acción Social,
- cursos de formación continua,
- vacacións
- e modificación do expediente electrónico.
Lembre que é preciso imprimir a solicitude, asinala por vostede, recoller a sinatura do/a director/a funcional (secretario/a xudicial, fiscal xefe, etc) e remitila por correo ao Servizo de Xustiza da respectiva xefatura territorial (as licenzas por estudos remitiranse ao Servizo de persoal da Dirección Xeral de Xustiza).
No portal poderá tamén:
- consultar o cómputo acumulado polo sistema automatizado de control horario
- e imprimir os partes de incidencias.
O portal incorporará á súa solicitude unha pegada informática que permitirá un funcionamento máis eficiente da xestión de persoal e, asemade, facilitarlle a vostede un sinxelo xeito de consulta do estado da súa solicitude.