Declaración de accesibilidade

Accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web https://cpxt.xunta.gal

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Existen ligazóns que pola súa lonxitude afectan á accesibilidade cognitiva [requisito número 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (en contexto)].
    • Existen formularios que non contan cun botón estándar de envío que facilite a capacidade de predición [requisito número 9.3.2.2 Ao recibir entradas].
    • Existen contidos nos que se emprega a cor para diferenciar o texto das ligazóns e a relación de luminosidade entre as cores non chega ao mínimo, co que poden provocar problemas de recoñecemento das ligazóns [requisito número 9.1.4.1 Uso da cor].
    • Nalgunhas novas ou contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes da entrada en vigor do Real Decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade

Preparación desta declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 25 de marzo de 2019.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Última revisión da declaración: 13 de agosto de 2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 22 de xullo de 2021.

Lector de contidos

A maioría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en ambos os dous idiomas, para a súa escoita, o que facilita o acceso a estes a calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.

Esta funcionalidade dispón do seguinte atallo de teclado:

L
Lector de contidos