-
Áreas
- Deporte
- Xustiza
- Administración local
-
Relacións institucionais e parlamentarias
- Funcións e competencias
- Axenda do Parlamento de Galicia
- Normativa - Relacións institucionais
- Normativa - Relacións parlamentarias
- Iniciativas lexislativas do Goberno
- Acordos tomados no Parlamento
- Informe dos resultados electorais
- Financiamento das formacións políticas
- Glosario de termos parlamentarios
- Rexistro de convenios da Xunta de Galicia
- Conflitividade constitucional
- Emerxencias e Interior
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Mobilidade
Xustiza
A Dirección Xeral de Xustiza constitúe o centro directivo da Administración autonómica encargado do desenvolvemento na nosa comunidade das competencias transferidas en materia de Xustiza mediante a cooperación cos órganos do Poder Xudicial, co Ministerio de Xustiza e demais institucións relacionadas co ámbito xudicial para abordar as necesidades da Xustiza en Galicia, coordinando a provisión aos xulgados e tribunais dos medios materiais e persoais precisos para acadar unha xustiza áxil e de calidade, aberta ao cidadán.
Así mesmo, intervén no nomeamento de notarios/as e rexistradores/as en Galicia e realiza as propostas correspondentes sobre súas demarcacións; impulsa o dereito civil propio da comunidade, así como a lingua galega no eido xudicial, promovendo as condicións necesarias para garantir o acceso da cidadanía á xustiza en condicións de igualdade de oportunidades no ámbito dunha administración moderna propia do século XXI.