Delimitación e deslinde de termos municipais

Das alteracións dos termos municipais

Normativa

A Lei 5/1997 (artigos 12 a 39), do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia establece que a alteración de termos municipais só poderá producirse entre municipios limítrofes e que, en ningún caso, a alteración poderá dar lugar a un termo municipal descontinuo.

Supostos de alteracións de termos municipais

  • Fusión de dous ou máis municipios limítrofes para constituír un novo municipio.
  • Incorporación dun ou máis municipios a outro limítrofe.
  • Segregación de parte do termo municipal dun municipio ou de varios para constituír un novo municipio.
  • Segregación de parte do termo municipal dun municipio ou de varios para agregarse a outro limítrofe.

Fases do procedemento común de alteración de termos municipais 

Da demarcación, deslinde e amolloamento

Definicións

  • Demarcación: consiste na fixación do termo municipal que lle corresponde á entidade local ou na corrección do que fose fixado.
  • Deslinde: consiste na identificación dos límites determinantes do ámbito territorial de dúas ou máis entidades locais limítrofes, no caso de existir confusión entre elas.
  • Amolloamento: consiste na colocación de fitos ou marcos cos que se sinale ou faga perceptible a liña divisoria entre os termos municipais pertencentes a dúas ou máis entidades locais limítrofes.

Procedemento

(Artigos 41 a 47 da Lei 5/1997, do 22 de xullo)

Cando os concellos interesados estean conformes cos límites existentes na actualidade non procederá unha nova fixación, agás nos casos excepcionais nos que documentalmente se xustifiquen erros materiais ou vicios de procedemento na delimitación anterior.

Actuacións previas e tramitación posterior  

Comisión Galega de Delimitación Territorial

A Comisión Galega de Delimitación Territorial foi creada ao abeiro do disposto nos artigos 15 a 17 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, que a configuran como un órgano de estudo, consulta e proposta en relación cos límites territoriais das entidades locais galegas e das demarcacións nas que se estrutura a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 370/1998, do 10 de decembro, desenvolve a súa composición, estrutura orgánica e funcionamento.

A comisión está adscrita, orgánica e funcionalmente, á consellería competente en materia de réxime local e depende da dirección xeral competente en materia de réxime local.

Composición

  • Catro representantes da Xunta de Galicia:
    • Titular da consellería competente en materia de réxime local (presidente/a).
    • Titular da dirección xeral competente en materia de réxime local (vicepresidente/a).
    • Titular da dirección xeral competente en materia de urbanismo.
    • Titular da dirección xeral competente en materia de desenvolvemento rural.
  • Catro representantes das entidades locais de Galicia, designados/as pola entidade asociativa máis representativa.

Funcións

  • Entre as súas funcións, destaca a emisión de informes en:
    • Todos os expedientes de alteración de límites municipais.
    • Todos os expedientes de cambio de capitalidade.
    • Expedientes de demarcación e deslinde de termos municipais que se deriven de conflitos entre os municipios afectados.
    • Determinación, revisión e modificación das demarcacións nas que se estrutura a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Tamén lle corresponde elaborar, por petición do Consello da Xunta, os estudos e propostas de revisión en relación coas medidas de fomento para a fusión de municipios ou para a incorporación voluntaria a outros.