Mancomunidades e consorcios locais
Mancomunidades e consorcios
- Mancomunidades: ao abeiro do artigo 44 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local recoñéceselles aos municipios o dereito de asociarse con outros en mancomunidades para a execución en común de obras e servizos determinados da súa competencia. As mancomunidades réxense polos seus propios estatutos, correspondendo á lexislación autonómica a regulación dos procedementos de aprobación e modificación dos mesmos, así como o de disolución.
- Consorcios: o artigo 149 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia permite que as entidades locais galegas constitúan consorcios locais entre si ou con outras administracións públicas, para fins de interese común, e con entidades privadas sen ánimo de lucro que persigan fins de interese público concorrentes cos das administracións públicas.
Procedementos de constitución
- Mancomunidades: nos documentos relacionados que se atopan ao pé do contido detállase o procedemento de constitución dunha mancomunidade.
- Consorcios: nos documentos relacionados que se atopan ao pé do contido detállase o procedemento de constitución dun consorcio.
- Modelos de estatutos dun consorcio local: nos documentos relacionados que se atopan ao pé do contido pode atoparse un modelo dos Estatutos dun Consorcio local.
- Modificación de estatutos de mancomunidades: nos documentos relacionados que se atopan ao pé do contido pode atoparse a descrición do proceso de modificación dos estatutos dunha mancomunidade.
- Tramitación de expedientes relacionados cos bens municipais no que se refire ás competencias da Comunidade Autónoma. Ao abeiro do disposto nos artigos 109 do Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais e 276 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local Galicia, corresponde á Comunidade Autónoma autorizar ás entidades locais para o alleamento, gravame ou permuta dos seus bens patrimoniais cando o valor dos mesmos exceda do vinte e cinco por cento dos recursos ordinarios do orzamento anual da Corporación. Pola contra, cando o valor dos bens patrimoniais non exceda do referido límite ou cando se trate da cesión gratuíta de bens inmobles patrimoniais, a Comunidade Autónoma limítase á comprobación do cumprimento da normativa e á recepción da comunicación da Corporación. Ademais, os bens comunais dos Concellos que non teñan sido obxecto de gozo desa índole por máis de dez anos, poderán ser desprovistos do seu carácter comunal mediante o procedemento previsto no artigo 100 do Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, procedemento que require a aprobación posterior da Comunidade Autónoma.
Documentos relacionados
- Procedementos de constitución
- Constitución de mancomunidades
- Constitución de consorcios
- Modelos de estatutos dun consorcio local
- Modificación dos estatutos de mancomunidades