-
Mobilidade
-
Transporte de viaxeiros
- Axudas e subvencións
- Autorizacións de transporte
- Plan de Transporte Público de Galicia
- Sector do transporte público de persoas viaxeiras
- Sistemas de axuda á explotación (SAE)
- Transporte escolar
- Transporte público marítimo
- Xunta Arbitral de Transportes
- Procedementos e formularios
- Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal 065
- Transporte de mercadorías
- Transporte público marítimo
- Formación para profesionais do transporte
- Mobilidade sostible
- Comunicación de incumprimentos normativos á Inspección de Transporte
- Estratexia Galega de Mobilidade
-
Transporte de viaxeiros
Comunicación de incumprimentos normativos á Inspección de Transporte
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, pon en funcionamento este formulario de correo da inspección de transporte por estrada. A través desta ferramenta, recóllense denuncias anónimas sobre incumprimentos da normativa de transporte, coa finalidade de facilitar a actividade da Inspección de Transporte.
Se vostede coñece algún incumprimento da normativa de transporte pode empregalo para facilitar información de forma totalmente anónima. Non é obrigatorio que achegue ningún dato persoal, o formulario só recollerá información sobre as presuntas irregularidades das que teña coñecemento.
Se desexa recibir confirmación do seu envío ou que poidamos contactar con vostede para os efectos de poder ampliar información sobre o contido da súa comunicación pode achegar o seu correo electrónico de forma voluntaria.
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Infraestruturas e Mobilidade |
Finalidades do tratamento | Remitir confirmación da remisión da denuncia manifestada por vostede a través deste formulario no caso de que vostede facilite unha conta de correo electrónico de xeito voluntario e, en caso de ser necesario para a correcta tramitación, solicitarlle información complementaria a través de devandita canle. |
Lexitimación para o tratamento | O cumprimento dunha misión en interese público fundamentada na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos Transportes Terrestres e na Lei 4/2013 de transporte público de persoas en vehículos turísticos en Galicia. |
Destinatarios dos datos | Non se prevén comunicacións a terceiros. |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |