Inspección do transporte por estrada

A finalidade da actuación inspectora, cuxa competencia corresponde á Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, é, con carácter xeral, mellorar o grado de cumprimento da normativa en vigor, evitando situacións de fraude que afecten de maneira significativa á ordenación do transporte por estrada.

O control planificado do transporte por estrada é o elemento indispensable para garantir o cumprimento das normas ordenadoras do sector e acadar o obxectivo da función inspectora.

Os plans nacionais de transporte por estrada ao igual que os plans autonómicos, elaborados anualmente, son o instrumento dese control planificado ao establecer as actuación e directrices a seguir nas operacións de control levadas a cabo pola Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, tanto na estrada, en colaboración coas forzas e corpos de seguridade, como nas oficinas da Subdirección Xeral.

Para levar a cabo o control nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte requírese ás empresas a documentación que se considere oportuna en cada caso.

Co fin de analizar, do xeito máis eficaz, a documentación achegada polas empresas, estas remitirán os datos da documentación requirida en formato .xlsx. Pode descargar os anexos que apliquen nestas ligazóns: