Infraccións e sancións
As inspeccións e sancións da normativa de transportes terrestres tipifican e corrixen aquelas actuacións que rompen as regras do xogo establecidas pola Administración para garantir que o sistema de transportes se desenvolva harmonicamente, en base aos seguintes parámetros:
- Primacía da seguridade do transporte (tempos de condución e descanso, control de cargas máximas, idoneidade dos vehículos...).
- Defensa dos intereses dos/as usuarios/as.
- Competencia leal entre operadores.