Obxectivos e actuacións

O transporte de mercadorías, como sucede na maior parte da Unión Europea, padece dun notable minifundismo empresarial.

Das 8.409 empresas operadoras de transporte público, 5.623, o 68,8%, ten tan só un vehículo, mentres que 6.918, é dicir, o 82,2%, non ten máis de dous vehículos.

Os tres grandes desafíos que ten que afrontar o sector son:

  • A competencia nun mercado máis amplo como é o da Unión Europea que, ademais, incrementou a súa extensión xeográfica coa ampliación cara ao leste.
  • A redefinición do papel do/a transportista, inmerso nun proceso de transformación desde o/a mero/a carrexador/a á persoa que presta servizos loxísticos máis complexos e dotados de máis valor engadido.
  • A competencia nun mercado onde o ferrocarril vai adquirir crecente protagonismo tanto polas melloras infraestruturais como polas políticas de impulso dos medios de transporte máis ecolóxicos que promove a Comisión da Unión Europea.

Estes retos non se poden afrontar desde estratexias individuais, cómpre alcanzar a masa crítica que permita:

  • Negociar ao mesmo nivel cos cargadores.
  • Alcanzar mellores condicións dos provedores.
  • Ofertar mellores prestacións ás persoas usuarias.

Para os devanditos efectos desde a Consellería impulsaranse tres liñas de acción:

Actuacións infraestruturais

Nestes momentos, a Consellería está a impulsar o denominado Porto Seco de Monforte de Lemos, cuxas características se indican a continuación:

  • Uso industrial e terciario: 173.086 m2
  • Equipamentos públicos: 19.380 m2
  • Zona verde: 58.313 m2
  • Rede viaria e aparcadoiro asociado: 41.082 m2
  • Aparcadoiros: 4.643 m2
  • Plataforma intermodal: 10.549 m2
  • Total superficie: 307.053 m2
  • Investimento: 9 M de Euros (IVE engadido)

Por outra banda, a Consellería vela porque as novas infraestruturas inclúan áreas de descanso especialmente axeitadas para facilitar o cumprimento da normativa de tempos de condución e descanso. Neste eido, promove a realización de zonas de parada para transportistas na rede de estradas de Galicia, con accesos adecuados, área de aparcadoiro e área de descanso, e coas instalacións básicas de subministración de auga potable, aseos, recollida de lixo e iluminación.

Formación

Condutores/as, cadros e empresarios/as.

Asociacionismo

Asociacións profesionais de transportistas.