Liña de Actuación 3.2.01: Melloras de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEG)

Debido á necesidade de mellorar o sistema de transporte público, a Xunta de Galicia está a promover a mellora da accesibilidade e a conectividade das paradas de autobús situadas na Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEG).

Proponse a construción de paradas de autobús, a mellora de accesibilidade aos modos de transporte público nas máximas condicións de seguridade, especialmente nas zonas interurbanas; así como a súa conexión respecto á súa contorna urbana próxima e conseguir un maior achegamento do transporte público á poboación o que é especialmente clave nun territorio como Galicia, onde a dispersión poboacional complica o uso do transporte público, sobre todo en ámbitos máis ben interurbanos ou rurais.

Con todo iso proponse levar a cabo varios proxectos e obras en distintos puntos da xeografía galega.

Código LA

3.2.01

Denominación LA

Melloras de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEG)

Obxectivo político

OE3. Unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade

Prioridade

P3A. Mobilidade

Obxectivo específico

RSO3.2. Desenvolver e potenciar unha mobilidade sostible, resistente ao cambio climático, intelixente e intermodal a escala nacional, rexional e local, que inclúa a mellora do acceso á RTE-T e á mobilidade transfronteiriza

Axuda FEDER

6.100.968,53 €

A continuación, se recojen nunha ficha as distintas operacións relacionadas coa liña de actuación 3.2.01: