Mobilidade

A Dirección Xeral de Mobilidade exerce as funcións de impulso, xestión e coordinación das políticas nos ámbitos da planificación, financiamento e ordenación do transporte. En concreto, abarca os servizos e as infraestruturas de transportes na comunidade, así como a investigación sobre transporte, loxística e mobilidade.

Entre as funcións deste departamento inclúense:

  • A asistencia e a supervisión ao funcionamento da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia
  • A ordenación do transporte terrestre, por cable e marítimo no ámbito competencial da comunidade
  • As competencias dos servizos de transporte a escolares con dereito a transporte escolar gratuíto e do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, como transporte adaptado
  • O control e inspección dos modos de transporte
  • A tramitación e a resolución dos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre e marítimo
  • A implantación da mobilidade sustentable
  • A coordinación dos transportes urbanos cos interurbanos
  • A execución da oferta intermodal de transporte na comunidade e das infraestruturas do transporte de viaxeiros/as e a proposta de adxudicación e explotación das terminais de transportes de viaxeiros/as
  • A xestión dos centros integrados de transporte e de plataformas para as actividades do transporte e a operatividade loxística de mercadorías
  • As instalacións de transportes por estrada, ferrocarril, aéreo e por cable e, en xeral, a coordinación da actividade dos servizos territoriais de mobilidade