Emerxencias e Interior
-
Emerxencias e Interior
- Funcións e competencias
- Normativa
- Planificación e protección civil
- Seguridade e coordinación
-
Espetáculos públicos
- Espectáculos públicos
- Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas
- Festas e verbenas populares
- Horarios dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas
- Espectáculos taurinos
- Autorización de espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal
Funcións e competencias
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior exercerá as competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia, estatutariamente ou por transferencia, relativas ás materias de atención de emerxencias e protección civil, interior e seguridade.
En particular, correspóndelle o exercicio das funcións que derivan das competencias nas seguintes materias:
- En materia de emerxencias e protección civil:
- A dirección, a coordinación e a execución das atribucións que ten asumidas a consellería en materia de atención de emerxencias e de protección civil, tales como a intervención e a atención das emerxencias e o restablecemento dos servizos esenciais para a cidadanía afectada por unha emerxencia.
- A planificación da protección civil e a prevención, a previsión e a análise de riscos relacionados con ela.
- A dirección do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
- A representación da consellería na Comisión Nacional de Protección Civil e noutros organismos de coordinación internacionais, europeos e autonómicos de protección civil.
- O exercicio da planificación e a coordinación dos plans e os programas dos servizos contra incendios e salvamento locais, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder á Dirección Xeral de Administración Local.
- As relacións da Administración autonómica, en materia de atención de emerxencias, coas administracións locais, coas comunidades autónomas, coa Administración Xeral do Estado e cos Estados da Unión Europea, sendo unha relación especial a que se establece con Portugal pola súa proximidade e pola posibilidade que existe de ter que compartir emerxencias comúns.
- O seguimento da encomenda do Consello de Seguridade Nuclear á Xunta de Galicia en materia de vixilancia radiolóxica co exercicio de autoridade competente para a protección dos/as traballadores/as e da poboación fronte á exposición a fontes de radiación natural asociada a actividades laborais, en aplicación da normativa vixente.
- En materia de seguridade e interior:
- O exercicio da xefatura dos servizos de seguridade baixo a superior autoridade do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- A proposta e execución dos plans de seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia así como a elaboración e proposta dos plans e proxectos de actuación, xestión e planificación operativa dos servizos policiais adscritos á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
- A planificación, xestión e distribución dos recursos humanos e materiais destinados á seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia e a proposta ou a resolución, se é o caso, das cuestións relativas á selección, formación e perfeccionamento do persoal adscrito aos servizos policiais da Xunta de Galicia.
- As funcións de coordinación das policías locais que lle correspondan á comunidade autónoma.
- O establecemento de mecanismos e fórmulas de cooperación coas forzas e corpos de seguridade do Estado para a coordinación e realización das competencias en materia de prevención e seguridade.
- A elaboración de cantos informes e estudos requira e esixa o exercicio das competencias que lle corresponden á consellería en materia de prevención e seguridade.
- A preparación dos correspondentes estudos e anteproxectos de disposicións xerais.
- Aquelas outras que, non estando incluídas neste artigo, se lle atribúan pola normativa vixente así como as que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.
- En materia de xogo e espectáculos públicos:
- A tramitación dos expedientes administrativos en materia de casinos, xogos e apostas cuxa autorización corresponda a esta dirección xeral, a execución das directrices que lle sexan indicadas en relación aos distintos sectores do xogo e a preparación dos informes ou estudos encamiñados á elaboración dos anteproxectos de disposicións xerais na materia, así como para a recollida da información estatística das empresas correspondentes.
- A tramitación dos expedientes administrativos de probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos que se desenvolvan integramente por vías situadas no ámbito territorial de Galicia, dos relativos á autorización de horarios especiais e, en xeral, todos os que sexan de competencia da dirección xeral en materia de espectáculos públicos, así como a realización dos informes e estudos encamiñados á elaboración dos anteproxectos das disposicións xerais na materia.