Información sobre festas e verbenas populares

DOG Nº 1, 2 de xaneiro de 2018

"Disposición adicional 4ª. Festas e verbenas populares organizadas por agrupacións ou asociacións de veciños/as ou por comisión de festas

  1. As festas e verbenas populares organizadas por agrupacións ou asociacións de veciños/as ou por comisións de festas requirirán a presentación dunha declaración responsable dirixida ao concello e formulada polo/s veciño/s ou veciña/s representante/s da agrupación, asociación ou comisión na cal se relate o programa das actividades que se van realizar e as súas características. Á declaración deberase xuntar o compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ou documentación acreditativa da dispoñibilidade daquel.
  2. Se as actividades prevén a montaxe de instalacións suxeitas a declaración responsable ou a licenza a que se refiren os artigos 40 e 42 quinquies, esta será presentada ou solicitada pola persoa titular da instalación”.

 

 

Documentos relacionados

  • Modelo de declaración responsable - autorizacións de verbenas e festas populares (formato .docx)
  • Modelo de declaración responsable - autorizacións de verbenas e festas populares (formato .odt)