Servizo de prevención e análise de riscos
Este servizo desempeñará, entre outras, as seguintes funcións:
- A elaboración de plans de protección civil de competencia da Comunidade Autónoma e o desenvolvemento dos programas para a súa implantación e mantemento.
- A elaboración dos informes técnicos de avaliación de plans de protección civil e de emerxencia, para a súa aprobación e homologación, cando corresponda, polo órgano competente.
- A coordinación da preparación e a execución dos exercicios e simulacros no marco dos citados plans autonómicos, colaborando cos de carácter local.
- A elaboración dos estudos e a análise do inventario e mapa de riscos e do catálogo de medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia así como a súa actualización.
- A colaboración coas entidades locais na elaboración dos plans básicos e sectoriais de emerxencia municipal.
- A xestión e o mantemento do rexistro electrónico de plans de autoprotección de Galicia.
- Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.