Servizo de vixilancia radiolóxica
Este servizo desempeñará, entre outras, as seguintes funcións:
- A inspección de instalacións radioactivas, incluíndo as de segunda e terceira categoría, comprendendo as fases de construción, posta en marcha, funcionamento, modificación e clausura; a realización das inspeccións que sexan necesarias para o control das instalacións de raios X, con fins médicos, e as que sexan necesarias por razóns especiais ou denuncia, e aqueloutras que lle encargue expresamente a autoridade competente en materia de seguridade nuclear.
- A inspección do transporte de combustible nuclear e doutros materiais radioactivos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- A análise e avaliación relacionada coa protección radiolóxica nas instalacións radioactivas.
- A vixilancia radiolóxica ambiental no ámbito territorial de Galicia, de acordo cos programas que para este fin ten establecidos e aprobados a autoridade competente en materia de seguridade nuclear.
- A atención das situacións de emerxencia, en coordinación coa autoridade competente en materia de emerxencias de seguridade nuclear.
- O desenvolvemento das funcións encomendadas pola autoridade competente en materia de seguridade nuclear, relativas á protección dos traballadores e da poboación fronte á exposición a fontes de radiación natural asociada a actividades laborais.
- A formación e información do persoal técnico de xestión e intervención para actuacións en presencia de riscos radiolóxicos.
- O desenvolvemento das funcións de autoridade competente para a protección dos traballadores e da poboación fronte á exposición as fontes de radiación natural asociada a actividades laborais, na aplicación do TÍTULO VII do Regulamento de Protección Sanitaria contra as Radiacións Ionizantes (Real decreto 783/2001).