Programa Galicia FEDER 2021-2027
O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.
O Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, establece os obxectivos políticos da Unión, as prioridades, os obxectivos específicos, e as accións seleccionadas para a consecución destes obxectivos, os indicadores de realización e de resultados das actuacións seleccionadas e un plan de financiamento para o seu desenvolvemento. O Programa de Galicia FEDER 2021-2027 foi aprobado mediante a Decisión C(2022) 9307 da Comisión Europea de data 7 de decembro de 2022.
De conformidade co disposto no artigo 49.1 deste Regulamento (UE), a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, asegurarase de que exista un sitio web onde estea dispoñible a información sobre os programas dos que é responsable, que inclúa os obxectivos, as actividades, as oportunidades de financiamento dispoñibles e os logros do programa.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior desenvolve a seguinte operación dentro do marco do obxectivo específico que se detallan a continuación:
PROGRAMA GALICIA FEDER 2021-2027 |
|
---|---|
Obxectivo Político | OP2. Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono, e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable. |
Prioridade | P2A. Transición verde |
Obxectivo Específico | RSO2.4. Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en cuenta os enfoques baseados nos ecosistemas. |
Liña de actuación | 2.4.03. Incrementar a resiliencia e a capacidade para a xestión de catástrofes |
Ámbito de intervención | 060. Medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: outros, como, por exemplo, tormentas e secas (incluídas as accións de sensibilización, a protección civil, os sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes e os enfoques ecosistémicos) 061. Prevención e xestión de riscos naturais non relacionados co clima (por exemplo, terremotos) e de riscos relacionados con actividades humanas (por exemplo, accidentes tecnolóxicos), incluídas as accións de sensibilización, a protección civil e os sistemas, infraestruturas e enfoques ecosistémicos de xestión de catástrofes |
Título da operación | Adquisición de equipamento diverso para as emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñen Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Anualidade 2023. |
Mediante orde de axudas en especie cédese en propiedade a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos, o equipamento para misións de protección civil e emerxencias, sendo a súa entrega formalizada mediante unha acta de cesión, onde se recollen as condicións particulares e obrigas que deberá cumprir o interesado ao que se lle conceda o mesmo.