Biografía do conselleiro
Biografía do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
Naceu en San Sadurniño no ano 1975. Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal) na USC. Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.
Traballou como axente de desenvolvemento local en Ferrol e foi administrador de empresa familiar.
Foi elixido por primeira vez deputado autonómico en febreiro do ano 2003, e mantivo o escano ata o 2005 (VI Lexislatura) e tamén desde o 2005 ata o 2009 (VII Lexislatura). Nese ano foi nomeado delegado territorial da Xunta na provincial da Coruña e no 2011, sendo concelleiro en Ferrol, foi elixido presidente da Deputación da Coruña, cargo que desempeñou ata 2015, momento en que regresou á Delegación da Xunta.
Tras unha nova etapa no Parlamento de Galicia como vicepresidente primeiro da Mesa e voceiro da área de Infraestruturas e Mobilidade (2016-2022), foi vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.
No período 2009-2013 foi presidente do Consello de Administración de Xestur na Coruña e formou parte tamén dos Consellos de Administración das Autoridades Portuarias de Ferrol e A Coruña.
Entre os anos 2006 e 2009 foi vicesecretario xeral do PPdeG, e entre o 2008 e o 2016 desempeñou as funcións de secretario xeral no Partido Popular da provincial da Coruña, que preside dende o ano 2016.
No Partido Popular nacional, foi secretario territorial entre os anos 2018 e 2022. Actualmente é o presidente do Comité Electoral Nacional.