Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
Acción Exterior e Cooperación Trasfronteiriza
A Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Trasfronteiriza exercerá as seguintes funcións:
- A proxección exterior de Galicia e a execución da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais doutros órganos ou unidades administrativas.
- A cooperación institucional e técnica, apoiando as actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas organizacións rexionais europeas non comunitarias.
- A dirección da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
- A colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda nas actuacións que, de acordo cos regulamentos comunitarios, se deben realizar con carácter previo á aprobación do Programa de cooperación transfronteiriza.
- O seguimento, avaliación e modificación do Programa de cooperación transfronteiriza.
- Asistir a dirección xeral na súa participación nos comités de Seguimento, de Xestión e do Comité Territorial na área de cooperación do seu ámbito.
- Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas
4/8/2019 - Convocatoria de prazas en delegacións no exterior
- Bases da convocatoria para a cobertura de dúas prazas na Delegación da Xunta en Bos Aires
- Bases da convocatoria para a cobertura dunha praza na Delegación da Xunta en Montevideo
9/9/2019
- Acordo polo que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de secretario/a de dirección e dunha praza de auxiliar administrativo/a na delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (Arxentina)
- Acordo polo que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de auxiliar administrativo/a na delegación da Xunta de Galicia en Montevideo (Uruguai)
14/10/2019
- Resolución do 14 de outubro de 2019, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para cubrir unha praza de secretario/a de dirección na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
- Resolución do 14 de outubro de 2019, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar administrativo/a na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
- Resolución do 14 de outubro de 2019, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar administrativo/a na Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- A macrorrexión de rexións do Sudeste Europeo
- l Consello de Acción Exterior de Galicia
- Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (2021-2027). Unha Estratexia Eurorrexional Galicia-Norte de Portugal
- Reactivación da cooperación de proximidade na fronteira do Norte de Portugal con Galicia. Resposta aos efectos da COVID-19