Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
Análise e Programación
A Subdirección Xeral de Análise e Programación exercerá aquelas funcións de carácter horizontal en apoio as demais unidades administrativas, así como aquelas competencias que no marco conxuntural económico e político da acción exterior estean atribuídas á Dirección Xeral e, concretamente, as derivadas das intervencións nos procesos de programación da acción exterior e políticas públicas a desenvolver pola Xunta de Galicia; especificamente xeralízanse nas seguintes funcións:
- A realización de análises e informes sobre a conxuntura económica e política das áreas xeográficas determinadas polas directrices de acción exterior, preparando os documentos e propostas que se lle requiran para unha calibrada adopción de decisións polos departamentos sectoriais. Con este fin tomará en consideración os índices económicos máis relevantes e a súa repercusión en Galicia.
- O seguimento do proceso de programación da acción exterior, de conformidade coas pautas marcadas polo centro directivo, preparando os anteproxectos e proxectos coas entidades subestatais que se lle encomenden, tendo en conta as achegas das restantes unidades e doutros centros directivos da Administración Autonómica.
- A posta en marcha dos mecanismos de apoio precisos para conseguir a compatibilización entre as políticas públicas autonómicas e as políticas sectoriais comunitarias.