Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
Relacións coa Unión Europea
A Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea exercerá aquelas competencias que en materia de ámbito europeo estean atribuídas á Dirección Xeral e, concretamente, a dirección e coordinación das actuacións a desenvolver pola Xunta de Galicia no marco da Unión Europea, que especificamente se xeralizan nas seguintes funcións:
- O impulso, tramitación e coordinación das actuacións que se desenvolvan no ámbito da Unión Europea, tanto no que se refire á presenza directa da Xunta de Galicia nos órganos comunitarios, como á participación da Comunidade Autónoma nos asuntos europeos en colaboración coa Administración Xeral do Estado.
- O fomento da cooperación entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia nos asuntos comunitarios europeos