Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
Cooperación exterior
A Subdirección Xeral de Cooperación Exterior exercerá aquelas competencias que, en materia de cooperación ao desenvolvemento, estean atribuídas á Dirección Xeral e, concretamente:
- O impulso da acción de cooperación ao desenvolvemento de conformidade coas prioridades xeográficas e sectoriais de actuación da Xunta de Galicia, e a intervención na determinación dos procedementos económicos e administrativos na materia.
- A coordinación e o seguimento da política autonómica en materia de cooperación ao desenvolvemento prevista na Lei 3/2003, do 19 de xuño, así como a avaliación da calidade e eficacia alcanzada no exercicio da referida política de cooperación.
- O fomento da cooperación ao desenvolvemento entre os diferentes axentes de cooperación galegos, promovendo a súa participación a través do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.
- A planificación, coordinación e o seguimento das actuacións en materia de acción humanitaria.
- O impulso da formación en igualdade e perspectiva de xénero nas actividades formativas relativas á cooperación ao desenvolvemento e á cooperación internacional da Xunta de Galicia.