Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

O Regulamento (UE) 2021/1059 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, establece as disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e dos instrumentos de financiamento exterior.

O programa POCTEP promove o desenvolvemento e a cooperación transfronteiriza con apoio da Unión Europea ao longo da fronteira España-Portugal.

O programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 é o maior programa de cooperación transfonteirizo da UE, cunha dotación total de 475 millóns de euros (356 millóns provenientes do fondo FEDER).

A Dirección Xeral de Mobilidade, xunto con outros nove beneficiarios, desenvolverá o proxecto "Impulso do Corredor Atlántico do Noroeste" dentro do Programa Interreg  POCTEP 2021-2027.O proxecto ten un custo total elixible de 1.262.273,90 € o cal  está cofinanciado ao 75% por fondos FEDER,obtendo unha axuda FEDER para todos os socios do participado de 946.705,43 €. A Dirección Xeral de Mobilidade é beneficiaria de 285.007,50 € do total da axuda FEDER do proxecto.

Acrónimo

Corredor_Atlántico_Noroeste

Título do proxecto Impulso do Corredor Atlántico do Noroeste.
Área de cooperación 6-Plurirrexional
Obxectivo político OE Interreg.Unha mellor gobernanza da cooperación.
Prioridade P7-Superar os obstáculos fronteirizos mediante a aplicación dun enfoque transformador de gobernanza multinivel á cooperación transfronteiriza.
Obxectivo específico 6.2 Mellorar a eficiencia das administracións públicas promovendo a cooperación xurídica e administrativa e a colaboración entre os cidadáns, os representantes da sociedade civil e as institucións, en particular con miras a resolver os obstáculos xurídicos e as trabas doutra índole nas zonas transfonteirizas.
Axudas FEDER total 946.705,43 €


O proxecto Impulso do Corredor Atlántico do Noroeste busca acelerar o desenvolvemento do Corredor como unha infraestrutura estratéxica que maximice a competitividade, desenvolvemento económico, loxístico e social no noroeste peninsular así como a integración transfronteiriza no eixo Galicia, Norte de Portugal e Castela e León. Para iso crearase unha gobernanza multinivel transfonteiriza que promova a cooperación e compase os investimentos en infraestruturas ferroviarias e intermodais, resolva os diferentes obstáculos que limitan o desenvolvemento do Corredor e a conexión de alta velocidade e inflúa ante as administracións con competencias para o seu desenvolvemento (Lisboa, Madrid, Bruxelas).