Liña de Actuación 3.2.02: Construción de estacións de autobús xunto a estacións de ferrocarril existentes
Código LA |
3.2.02 |
|
Denominación LA |
Construción de estacións de autobús xunto a estacións de ferrocarril existentes |
|
Título da operación |
Terminal de autobuses integrada na área intermodal de Lugo |
|
Obxectivo político |
OE3. Unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade |
|
Prioridade |
P3A. Mobilidade |
|
Obxectivo específico |
RSO3.2. Desenvolver e potenciar unha mobilidade sostible, resistente ao cambio climático, intelixente e intermodal a escala nacional, rexional e local, que inclúa a mellora do acceso á RTE-T e á mobilidade transfronteiriza |
|
Axuda FEDER |
4.316.321,62 € |
As terminais de autobuses integradas en estacións intermodais son operacións desenvolvidas a través da Dirección Xeral de Mobilide.
Esta operación ten por obxecto a execución dunha nova Terminal de Autobuses integrada na área Intermodal de Lugo. Construirase unha terminal de autobuses próxima á de ferrocarril, na que os autobuses e os viaxeiros poden acceder á mesma cota. O edificio configúrase en dúas plantas, a planta situada á cota de dársenas, que tamén dá continuidade ao espazo público peonil, constitúese como prolongación deste, e nela localízanse todos os espazos de servizo e estancia dos usuarios. Os usos administrativos dispoñeranse na primeira planta, no que tamén se localizarán os cuartos técnicos.
Os autobuses accederán ás dársenas a través dun novo viaduto que conectará coa glorieta existente da Rúa Paradai de Arriba, e os viaxeiros a través da entrada principal do edificio.