Liña de Actuación 2.1.01: Mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas
Código LA |
2.1.01 |
|
Denominación LA |
Mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas |
|
Título da operación |
Mellora da eficiencia enerxética nas estacións de autobús da Xunta de Galicia |
|
Obxectivo político |
OP2. Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono, e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible |
|
Prioridade |
P2A. Transición verde |
|
Obxectivo específico |
RSO2.1. Fomentar a eficiencia enerxética e a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro |
|
Axuda FEDER |
1.806.619,43 € |
A Dirección Xeral de Mobilidade leva a cabo a mellora da eficiencia enerxética nas estacións de autobuses incluídas no Plan Estratéxico de Mellora da Eficiencia Enerxética da Xunta de Galicia.
Este Plan combina actuacións sobre a envolvente, as instalacións e a sustentabilidade: illamento de fachadas e cubertas, substitución de carpinterías, control solar e mellora da hermeticidade, iIuminación LED con control intelixente, sistemas de climatización eficientes e renovables, ventilación con recuperación de calor, instalación de paneis fotovoltaicos, uso de materiais de baixo impacto ambiental, xestión eficiente de residuos integración de espazos verdes e solucións naturais, etc.
As actuacións permitirán reducir o consumo enerxético dos edificios, diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro, mellorar as condicións de confort dos usuarios, incrementar a accesibilidade universal e favorecer a transición cara a un modelo de xestión máis sostible e resiliente.
O Plan estrutúrase en dúas fases ou grupos de estacións sobre as que se intervirá:
- Fase 1: seis (6) estacións (Carballo, Ponteareas, Noia, Sarria, Lalín e Sanxenxo)
- Fase 2: trece (13) estacións: Padrón, O Grove, Monforte de Lemos, Viveiro, Burela, Gondomar, Xinzo de Limia, Cambados, Foz, Ribadeo, O Barco de Valdeorras, Chantada e Mondoñedo.