Subministración de refuxios para a espera de autobuses - Programa Moves II
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, co gallo de fomentar a utilización do transporte público de viaxeiros, mediante a instalación de refuxios nas paradas das liñas de servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia, adxudicou no ano 2021 un novo contrato para a fabricación e subministración de 200 novos refuxios.
Este proxecto, que conta cunha inversión de máis de un millón de euros, está financiado cunha axuda máxima do 50% con fondos do Programa estatal de incentivos a mobilidade eficiente e sustentable (Programa Moves II) regulado polo Real Decreto 569/2020, xestionado en Galicia polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), mediante a actuación 4: “Implantación de medidas de mobilidade sostible ao traballo”.
A subministración actual súmase á licitada en 2019, mediante a que se conseguiron entregar 152 refuxios para a súa instalación polos concellos solicitantes en paradas de liñas de servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada. Deste xeito, a Xunta de Galicia continúa contribuíndo a unha mobilidade máis eficiente e sustentable.