- Inicio
- Áreas
- Mobilidade
-
Transporte de mercadorías
- Transporte de viaxeiros
- Transporte de mercadorías
- Transporte público marítimo
- Formación para profesionais do transporte
- Mobilidade sostible
- Comunicación de incumprimentos normativos á Inspección de Transporte
- Estratexia Galega de Mobilidade
- Programa Galicia FEDER 2021-2027
- Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
- Inspección de transporte por estrada
- Transporte de mercadorías
Inspección do transporte por estrada
A finalidade da actuación inspectora, cuxa competencia corresponde á Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, é, con carácter xeral, mellorar o grado de cumprimento da normativa en vigor, evitando situacións de fraude que afecten de maneira significativa á ordenación do transporte por estrada.
O control planificado do transporte por estrada é o elemento indispensable para garantir o cumprimento das normas ordenadoras do sector e acadar o obxectivo da función inspectora.
Os plans nacionais de transporte por estrada ao igual que os plans autonómicos, elaborados anualmente, son o instrumento dese control planificado ao establecer as actuación e directrices a seguir nas operacións de control levadas a cabo pola Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, tanto na estrada, en colaboración coas forzas e corpos de seguridade, como nas oficinas da Subdirección Xeral.
Para levar a cabo o control nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte requírese ás empresas a documentación que se considere oportuna en cada caso.
Co fin de analizar, do xeito máis eficaz, a documentación achegada polas empresas, estas remitirán os datos da documentación requirida en formato .xlsx. Pode descargar os anexos que apliquen nestas ligazóns:
- Control - só documentación de empresas con autorización OT
- Control de tempos de condución e descanso
- Empresas titulares de autorización MDP (mercancías pesado) e MDL (mercancías lixeiro), por portes realizados e OT con autorizacións de transporte por portes realizados como transportista
- Empresas titulares de autorización MDP e MDL por portes subcontratados e OT con autorizacións de transporte por portes contratados
- Empresas titulares de autorización MPC (transporte privado complementario)
- Control de tempos de condución e descanso e de control do prazo de pago
- Empresas titulares de autorización MDP e MDL por portes realizados e OT con autorizacións de transporte por portes realizados como transportista
- Empresas titulares de autorización MDP e MDL por portes subcontratados e OT con autorizacións de transporte por portes contratados
- Control da morosidade