Informe do/a conselleiro/a de seguridade
As empresas que transporten ou realicen operación de carga e descarga de mercadorías perigosas teñen que presentar un informe á administración.
Unha das obrigacións das empresas que realicen transporte ou operacións de carga ou descarga con mercadorías perigosas, segundo o establecido no artigo 28 do Real Decreto 97/2014, de 14 de febreiro, polo que se regula as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada, é a remisión, á comunidade autónoma onde se atope radicada a sede social da empresa, dun informe anual elaborado conforme ao establecido na Orde FOM/606/2018, de 25 de maio, sobre o contido do informe anual para o transporte de mercadorías perigosas por estrada. O artigo segundo, “presentación do informe anual”, da antedita Orde establece que o informe se realizará exclusivamente de maneira telemática.
Co fin de facilitar e simplificar os trámites administrativos que o cumprimento desta obriga supón creouse unha aplicación de internet para a realización do devandito informe e a súa automática remisión por vía telemática á administración.