- Inicio
- Áreas
- Mobilidade
-
Transporte de mercadorías
- Transporte de viaxeiros
- Transporte de mercadorías
- Transporte público marítimo
- Formación para profesionais do transporte
- Mobilidade sostible
- Comunicación de incumprimentos normativos á Inspección de Transporte
- Estratexia Galega de Mobilidade
- Programa Galicia FEDER 2021-2027
- Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
- Corredor ferroviario de mercadorías
- Transporte de mercadorías
Corredor ferroviario de mercadorías
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, participa en calidade de socia no Proxecto europeo CFAEFFIPLAT para a promoción do Corredor Atlántico Ferroviario de Mercadorías, dentro do programa Interreg IV-B Espazo Atlántico liderado polo departamento de Transportes do Goberno vasco.
O Corredor Atlántico conecta as rexións bañadas polo Atlántico, que son as que forman parte da Comisión do Arco Atlántico (Portugal, España, Francia, Reino Unido e Irlanda), Bélxica, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Suecia e Noruega, prolongándose cara ao sur (porto de Alxeciras e Marrocos) e cara ao norte (portos de Amberes e Rótterdam, norte e leste de Europa). Cara ao leste conéctase co eixe Lyon-Ljubljana-Budapest ata a fronteira ucraína (Kiev) e co eixe Berlín-Varsovia ata a fronteira bielorrusa (Minsk).
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- Publicidade do Corredor Ferroviario Atlántico - Rede de Plataformas Multimodais do Arco Atlántico