Eixos estratéxicos e obxectivos estratéxicos e operativos
O novo modelo de mobilidade proposto na Estratexia Galega de Mobilidade estrutúrase en 5 eixos estratéxicos: funcionalidade, sustentabilidade, seguridade, innovación e economía.
Estes 5 eixos estratéxicos desenvólvense a través de 13 obxectivos estratéxicos, que recollen os principios sobre os que se rexerá o desenvolvemento e implantación da nova mobilidade de Galicia, marcando a dirección a adoptar coas propostas de actuacións:
Os obxectivos operativos supoñen a materialización dos principios establecidos polos obxectivos estratéxicos propostos, para que se poidan medir e cuantificar, e para que as grandes liñas de actuación e obxectivos estratéxicos poden traducirse eficazmente en aplicacións e medidas prácticas.
No documento 2 "Diagnose, obxectivos e liñas estratéxicas" da Estratexia Galega de Mobilidade pode obter información más detallada sobre os eixos estratéxicos e os obxectivos estratéxicos e operativos da Estratexia.