Eixo 3

Seguridade

Este eixo expón a seguridade desde un punto de vista global en toda a mobilidade galega, co obxectivo de reducir a accidentalidade e a mellora da percepción da seguridade para cada medio de transporte.

A mellora das condicións de seguridade, así como a promoción da concienciación da cidadanía nesta materia, resultan ferramentas útiles para lograr un mellor uso da infraestrutura existente, na medida en que condicionan e modifican os hábitos dos axentes involucrados: condutores, motoristas, ciclistas e peóns.

Obxectivos estratéxicos

  • Aumentar a seguridade viaria (safety)
  • Reforzar a seguridade na explotación dos servizos de transporte (security)
  • Manter adecuadamente as infraestruturas

Programas

Subprogramas:

Obxectivos operativos
  1. Mellora da seguridade viaria
  2. Fomento dun sistema de transporte inclusivo
Actuacións
Incorporación de criterios de seguridade viaria no deseño de infraestruturas (safety)
Visión cero en usuarios vulnerables
Plan de asistencia e apoio integral ás vítimas
Outras medidas en materia de seguridade viaria

Obxectivos operativos
  1. Mellora da seguridade nos servizos de transporte
  2. Fomento dun sistema de transporte inclusivo
Actuacións
Incorporación de criterios de seguridade no deseño de infraestruturas de mobilidade (security)
Participación de colectivos vulnerables no deseño de seguridade do sistema de mobilidade
Ciberseguridade das infraestruturas e os servizos de mobilidade

Obxectivos operativos
  1. Adaptación do sector do transporte e a mobilidade
Actuacións
Análise da problemática sobre condicións de traballo na mobilidade