Eixo 5
Economía
A perspectiva económica da sustentabilidade é unha das bases da Estratexia Galega de Mobilidade. A transición a unha nova política de investimento en mobilidade busca ofrecer solucións para resolver as necesidades de mobilidade da cidadanía sen reducir o investimento público, a través do deseño dun modelo de financiamento equitativo para todos os modos de transporte.
As propostas concretas que se materializarán coa Estratexia Galega de Mobilidade suporán un incremento da eficiencia do modelo de mobilidade e transporte da comunidade, favorecendo a optimización socioeconómica do sistema.
Obxectivos estratéxicos
- Abaratar os custes globais de mobilidade
Programas
Subprogramas:
Obxectivos operativos
- Mellora da gobernanza da mobilidade
- Optimización do modelo de xestión e financiamento
Actuacións
Criterios de investimento e de priorización de investimentos en infraestruturas de mobilidade
Análise de posibles novas vías de financiamento de infraestruturas de mobilidade
Proposta dun modelo de financiamento equitativo para todos os modos de transporte
Visualizador de custos de referencia e ratio de cobertura de cada modo de transporte
Integración do taxi na cadea de transporte da ATG
Integración das tarifas dos servizos ferroviarios no sistema de transportes de Galicia