- Inicio
- Áreas
- Mobilidade
-
Formación para profesionais do transporte
- Transporte de viaxeiros
- Transporte de mercadorías
- Transporte público marítimo
- Formación para profesionais do transporte
- Mobilidade sostible
- Comunicación de incumprimentos normativos á Inspección de Transporte
- Estratexia Galega de Mobilidade
- Programa Galicia FEDER 2021-2027
- Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
- Exames
Exames
Un dos piares fundamentais para dinamizar e modernizar o sector do transporte é incrementar e consolidar constantemente os coñecementos dos profesionais que traballan nel. Nese sentido, a normativa establece unha serie de formacións regradas, cuxa superación garante a solvencia e a eficacia no desempeño das súas funcións. A acreditación deses coñecementos faise, con carácter previo ao inicio da actividade, superando unha serie de probas oficiais cuxa convocatoria e axuizamento lle corresponden á Dirección Xeral de Mobilidade.
Actualmente, as probas que desenvolve a devandita dirección xeral van orientadas a conseguir tres titulacións distintas:
- O certificado de competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (antiga capacitación), dirixido a aquelas persoas que queiran ser titulares de autorizacións de transporte por estrada, ben como autónomos ben a través dunha sociedade.
- O certificado de aptitude profesional (CAP), dirixido a aquelas persoas que se vaian dedicar profesionalmente á condución nunha empresa de transporte por estrada.
- O certificado de conselleiros/as de seguridade, orientado a formar profesionais que asesoren ás empresas dedicadas ao transporte de mercadorías perigosas.
Pode obter máis información sobre cada unha delas a través do menú situado na columna esquerda desta páxina web.