Recursos de inconstitucionalidade

Año 2023

  • Recurso de inconstitucionalidade n.º 6521/2023. estado actual. Admisión a trámite: ((BOE n.º 268, de 9 de novembro de 2023), interposto polo goberno de España contra a lei 4/2023, de 6 de xullo, de ordenación e xestión integral do litoral de Galicia
  • Lei 38/2022, do 27 de decembro, 38/2022, para o establecemento de gravames temporais enerxético e de entidades de crédito e establecementos financeiros de crédito e pola que se crea o imposto temporal de solidariedade das grandes fortunas, e se modifican determinadas normas tributarias
    Estado actual: recurso de inconstitucionalidade nº 1951-2023 interposto pola Xunta de Galicia contra o artigo 3 da Lei 38/2022, do 27 de decembro. Senteza desestimatoria n.º 171/2023, de 22/11/2023. BOE n.º 304 de 21/12/2023. Con voto particular.
  • Lei de Galicia 7/2022, do 27 de decembro , de medidas fiscais e administrativas. Estado actual: Admisión a trámite do Recurso de inconstitucionalidade ante o TC n.º.6243/2023 (BOE n.º 259,de 30 outubro de 2023)
  • Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as prácticas de elusión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulamentación do xogo
    Estado actual: sentenza 62/2023, do 24 de maio de 2023. Recurso de inconstitucionalidade 2545-2022. Interposto pola Xunta de Galicia en relación con varios preceptos da Lei 11/2021, por excluír a aplicación dunha exención tributaria aos pactos sucesorios cando o causahabiente transmita en breve prazo o ben adquirido, e contra o seu réxime transitorio. Desestimado. Votos particulares. BOE núm. 150, do 24.06.23.

Ano 2022

  • Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
    Estado actual: auto 70/2022, do 27 de abril de 2022. Recurso de inconstitucionalidade nº 1975-2021 interposto polo Presidente do Goberno en relación á nova redacción do artigo 38.2 da lei modificada. O Pleno do Tribunal Constitucional, por auto 70/2022, acorda ter por desistido ao presidente do Goberno no devandito recurso.
  • Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as prácticas de elusión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulamentación do xogo
    Estado actual: recurso de inconstitucionalidade nº 2545-2022 interposto pola Xunta de Galicia contra o artigo terceiro.Tres e a disposición transitoria primeira.4 da Lei 11/2021, do 9 de xullo. O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 11 de maio de 2022, acorda admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 2545-2022. BOE núm. 119 do 19.05.22.
  • Ley 7/2021 do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética
    Estado actual: sentenza 90/2022, do 30 de xuño de 2022. Recurso de inconstitucionalidade 1062-2022. Interposto pola Xunta de Galicia contra o artigo 20 e a disposición derrogatoria única da Lei 7/2021, por prescindir dun réxime certo sobre a extensión das concesións de ocupación do dominio público marítimo e as súas prórrogas, vulnerando o principio de seguridade xurídica (art. 9.3 CE) e a reserva de lei establecida na Constitución (art. 132.2 CE). Desestimado. BOE núm. 181, do 29.07.22. 

Ano 2018

  • Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación
    O recurso de inconstitucionalidade formulouse contra as disposicións adicionais cuarta, transitoria única e derradeira terceira, número 5, da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; referidas ao réxime do persoal letrado ao servizo do Consello Consultivo de Galicia.
    Estado actual: sentenza 87/2018, do 19 de xullo de 2018. Recurso de inconstitucionalidade 2311-2017. Interposto por deputados do Grupo Parlamentario Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea en relación con diversos preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación: constitucionalidade dos preceptos legais autonómicos que levan a cabo unha reordenación dos letrados do Consello Consultivo de Galicia. BOE núm. 199, do 17.08.18.

Ano 2017

  • Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia
    O recurso de inconstitucionalidade formulouse contra o Título II, Capítulos I e II (artigos 27 a 41), relativo á adopción, e o Título III (artigos 42 a 45), relativo á autotutela, da Lei de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.
    Estado actual: sentenza 133/2017, do 16 de novembro de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 2845-2007. Interposto polo Presidente do Goberno respecto dos artigos 27 a 45 da Lei do Parlamento de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia. Competencias sobre dereito civil: nulidade dos preceptos legais autonómicos que regulan a adopción e a autotutela. Votos particulares. Publicouse no BOE núm. 308, do 20.12.17.
  • Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para  a súa adaptación á directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12-12-2006, relativa aos servizos no mercado interior
    Estado actual: sentenza 62/2017,do 25 de maio de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 8260-2010. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior. Competencias sobre colexios profesionais: nulidade dos preceptos legais autonómicos relativos aos criterios territoriais de colexiación, á colexiación de persoal estatutario ao servizo das Administracións públicas e ao visado colexial; interpretación conforme coa Constitución da previsión de existencia dun servizo colexial de visado a disposición de consumidores e usuario. Publicouse no BOE núm. 156, do 01.07.17.
  • Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia
    Recurso de inconstitucionalidade nº 5191-2016, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, de 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Estado actual: sentenza 21/2017, do 2 de febreiro de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 5191-2016. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias sobre enerxía: nulidade dos preceptos legais autonómicos que regulan diversos aspectos da relación económica entre compañías distribuidoras e comercializadoras de electricidade e os consumidores (STC 18/2011). Publicouse no BOE núm. 59, do 10.03.17.

Ano 2016 

  • Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia
    Estado actual: recurso de inconstitucionalidade nº 5191-2016, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 18 de outubro actual, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 5191-2016, promovido polo Presidente do Goberno, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.( BOE 260 de 27/10/2016). E faise constar que polo Presidente do Goberno invocouse o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso "30 de setembro de 2016", para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial do Estado para os terceiros. Publicouse no BOE núm. 260 do 27 de outubro de 2016.

Ano 2015

  • Lei 13/2015 do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia
    Sentenza 21/2017, do 2 de febreiro de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 5191-2016. Interposto polo presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias sobre enerxía: nulidade dos preceptos legais autonómicos que regulan diversos aspectos da relación económica entre compañías distribuidoras e comercializadoras de electricidade e os consumidores (STC 18/2011). BOE nº.59, do 10 de marzo de 2017.

Ano 2014

  • Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia
    Estado actual: sentenza 8/2016, do 21 de xaneiro de 2016. Recurso de inconstitucionalidade 1424-2014. Interposto polo Presidente do Goberno en relación cos artigos 1; 2.2 b), c) e d); 5.3; 5.5; 5.6; 5.7; 6.2; 7.2; 8; 12.2; 12.3; 12.4; 13; 14.1 a), b) e c); 14.2; 15.2 a), b), d), f), g) e h); 15.3; 17.1; 17.2; 18; 19.2 a) e c); Título V, disposicións adicional primeira e transitoria primeira da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia. Competencias sobre telecomunicacións: nulidade de diferentes preceptos legais que establecen os principios reitores da intervención pública no impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións e redes públicas de comunicacións electrónicas, regulan os instrumentos de ordenación e planificación das infraestruturas de telecomunicacións, e as normas de protección ambiental; interpretación conforme dos preceptos legais relativos ao principio de sustentabilidade ambiental, plan sectorial de infraestruturas de telecomunicacións, determinacións mínimas dos instrumentos de plan urbanístico e tipificación de infraccións. Publicouse no BOE núm. 45, do 22 de febreiro de 2016.
  • Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas
    Estado actual: sentenza 33/2016, do 18 de febreiro de 2016. Recurso de inconstitucionalidade 5458-2015. Interposto polo Presidente do Goberno Declara a inconstitucionalidade e nulidade do art. 27.5 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, na redacción que lle dá o art. 5.2 da Lei de Galicia 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Desestima o recurso en todo o demais, Publicouse no BOE núm. 71, do 23 de marzo de 2016.

Ano 2012

  • Real Decreto-lei 1/2012, do 27 de xaneiro, polo que se procede á suspensión dos procedementos de preasignación de retribución e á supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de coxeración, fontes de enerxía renovables e residuos
    Estado actual: sentenza 48/2015, do 5 de marzo de 2015. Recurso de inconstitucionalidade 6045-2012. Interposto pola Xunta de Galicia Declara a perda sobrevinda do obxecto do recurso, no que se refire á vulneración do artigo 9.3 CE por parte do Real Decreto-lei 1/2012, do 27 de xaneiro. Desestima o recurso en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 85, do 9 de abril de 2015.

Ano 2011

  • Real Decreto- Lei 2/2011, do 18 de febreiro, para o reforzamento do sistema financeiro
    Estado actual: sentenza 47/2015, do 5 de marzo de 2015. Recurso de inconstitucionalidade 2856-2011. Interposto pola Xunta de Galicia. Declara a perda sobrevinda do obxecto do recurso no que, no que se refire á vulneración dos arts. 9.3 e 14 CE, dos arts. 1, 2 e 3 e as disposicións transitorias primeira, terceira e cuarta e disposición final terceira do Real Decreto-lei 2/2011, do 18 de febreiro, para o reforzamento do sistema financeiro. Desestima o recurso en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 85, do 9 de abril de 2015.
  • Lei 12/2010 de racionalización do gasto farmacéutico
    Estado actual: sentenza 211/2014, do 18 de decembro de 2014. Recurso de inconstitucionalidade 822-2011. Interposto polo Presidente do Goberno Desestima o presente recurso de inconstitucionalidade. Publicouse no BOE núm. 29, do 3 de febreiro de 2015.
  • Lei 39/2010, do 22 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o 2011
    Estado actual: sentenza 172/2014, do 23 de outubro de 2014. Recurso de inconstitucionalidade 5011-2011. Interposto pola Xunta de Galicia respecto da regulación contida no capítulo II do título VII e con iso as partidas derivadas dos conceptos referidos en tal capítulo, en canto refíranse ao financiamento da Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 39/2010, do 22 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2011. Sistema de financiamento autonómico: constitucionalidade dos preceptos legais relativos ás entregas a conta do fondo de suficiencia global e a liquidación definitiva dos recursos, publicouse no BOE núm. 282, do 21 de novembro de 2014.
  • Lei 40/2010, de 29 de decembro, de almacenamento xeolóxico de dióxido de carbono
    Estado actual: sentenza 182/2016, do 3 de novembro de 2016. Recurso de inconstitucionalidade 5252-2011. Interposto pola Xunta de Galicia Desestima o recurso de inconstitucionalidade interposto pola Xunta de Galicia. en relación cos artigos. 3; 5; 8, apartado 6, segundo parágrafo; 9, apartados 6 e 7; 10, apartados 4, 6 e 7; 11; 13; 15; 19, apartados 2 e 3; 23; 24; 25; 26, apartados 1, 3, 4 e 5; 27; 28, apartado 4; 38; disposicións adicionais primeira, segunda e terceira e disposicións finais undécima e décimo cuarta da Lei 40/2010, do 29 de decembro, de almacenamento xeolóxico de dióxido de carbono. Competencias sobre medio ambiente e minas: constitucionalidade dos preceptos legais que reservan á Administración do Estado a concesión de almacenamento. Publicouse no BOE nº299 de 12/12/2016.

Ano 2010

  • Lei 10/2009, do 30 de decembro, pola que se modifica o Decreto lexislativo 1/2005, de 10-3-2005, que aproba o texto refundido das leis 7/1985, de 17 -7-1985, e 4/1996, de 31-5-1996, de caixas de aforros de Galicia
    Estado actual: sentenza 209/2014, do 18 de decembro de 2014. Recurso de inconstitucionalidade 1065-2010. Interposto polo Presidente do Goberno. Declara inconstitucionais e, por tanto, nulos os incisos «previa autorización dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coa normativa vixente»; e «de entre os membros da propia asemblea xeral» do apartados tres e dez do art. 2 da Lei do Parlamento de Galicia 10/2009, do 30 de setembro, de modificación do Decreto Lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das Leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforro de Galicia. Desestima o recurso en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 29, do 3 de febreiro de 2015.
  • Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12-12-2006, relativa aos servizos no mercado interior
    Estado actual: o recurso de inconstitucionalidade nº 8260-2010 admitiuse a trámite polo TC (BOE 22/12/2010).

Ano 2009

  • Real Decreto-Lei 9/2009, de 26 de xuño, sobre restruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de crédito
    O recurso de inconstitucionalidade formulouse contra os artigos 6, 7 e 8 do Real Decreto-lei 9/2009. Estado actual: o TC ditou a sentenza 182/2013, do 23 de outubro de 2013 (BOE 20.11.2013), pola que se resolven os recursos de inconstitucionalidade acumulados núms. 2602-2010, 2603-2010, 2644-2010 e 2681-2010, interpostos polos Consellos de Goberno da Xunta de Extremadura, a Xunta de Galicia, a Comunidade de Madrid e a Generalitat de Cataluña, e se declara inconstitucional e nulo o inciso «as Caixas de Aforros e, no seu caso, as cooperativas de crédito involucradas» do art. 8.2 do Real Decreto-lei 9/2009, do 26 de xuño, sobre reestruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de crédito.

Ano 2008

  • Lei 18/2008, de 29 de decembro, de vivenda de Galicia
    O recurso de inconstitucionalidade formulouse contra a disposición adicional segunda da Lei 18/2008, de 29 de decembro, de Vivenda. O TC ditou a sentenza 137/2012, do 19 de xuño de 2012 (BOE 09/07/2012) pola que se resolve estimar o recurso de inconstitucionalidade e, en consecuencia, declarar inconstitucional e nula a disposición adicional segunda da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Ano 2007

  • Lei 17/2007, do 4 de xullo, que modifica a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico
    Estado actual: sentenza 181/2013, do 23 de outubro de 2013. Recurso de inconstitucionalidade 2631-2008. Interposto pola Xunta de Galicia. Estima parcialmente o presente recurso de inconstitucionalidade e, en consecuencia, declarar a inconstitucionalidade e nulidade do art. 3, apartado 3, letra c), da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, na redacción dada polo artigo único, punto nove, da Lei 17/2007, do 4 de xullo. Declara que o art. 3, apartado 2, letra a) da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, na redacción dada polo artigo único, punto oito, da Lei 17/2007, do 4 de xullo, é conforme coa Constitución interpretado nos termos sinalados no fundamento xurídico 7. Desestima o recurso en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 278, do 20 de novembro de 2013.

Ano 2006

  • Lei de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia
    O recurso de inconstitucionalidade formulouse contra o «Título II, Capítulos I e II (artigos 27 a 41), relativo á adopción, e do Título III (artigos 42 a 45), relativo á autotutela, da Lei de Galicia 2/2006, de 14 de xuño, de dereito civil de Galicia. Estado actual: O recurso de inconstitucionalidade número n.º 2845-2007, admitiuse a trámite polo TC (BOE 08/07/2007).