Clima e enerxía: Pacto Verde Europeo

O Pacto Verde Europeo establece un plan de acción para:

  • Impulsar un uso eficiente dos recursos mediante o paso a unha economía limpa e circular
  • Restaurar a biodiversidade e reducir a contaminación

O plan describe os investimentos necesarios e as ferramentas de financiamento dispoñibles. Explica como garantir unha transición xusta e inclusiva, para acadar unha UE climaticamente neutra en 2050. Para alcanzar este obxectivo, será necesario actuar en todos os sectores da nosa economía:

  • Apoiar á industria para que innove
  • Investir en tecnoloxías respectuosas co medio ambiente
  • Despregar sistemas de transporte público e privado máis limpos, máis baratos e máis sans
  • Descarbonizar o sector da enerxía
  • Garantir que os edificios sexan máis eficientes desde o punto de vista enerxético
  • Colaborar con socios internacionais para mellorar as normas ambientais mundiais.  
 

 

Ligazóns relacionadas