Política agraria común (PAC)
A política agraria común (PAC) é un conxunto de medidas que tratan de promover e mellorar a agricultura sustentable nas zonas rurais preservando a biodiversidade e mantendo viva a economía rural.
Medidas da PAC:
Axuda á renda mediante pagos directos que garanten a estabilidade dos ingresos e remuneran aos agricultores por practicar unha agricultura respectuosa do medio ambiente.
- As medidas de mercado para abordar situacións difíciles nos mercados derivados de caídas repentinas da demanda debidas a alarmas sanitarias ou caídas de prezos debidas a unha oferta masiva.
- As medidas de desenvolvemento rural consistentes en programas nacionais e rexionais para atender ás necesidades e retos específicos das zonas rurais.
Os nove obxectivos para a PAC despois de 2020 propostos para o sector agrícola e para o desenvolvemento rural a nivel da UE son:
- Garantir unha renda xusta a los/as agricultores/as.
- Aumentar a competitividade.
- Reequilibrar o poder na cadea alimentaria;
- Actuar contra o cambio climático;
- Protexer o medio ambiente;
- Preservar as paisaxes e a biodiversidade;
- Apoiar o relevo xeracional;
- Manter zonas rurais dinámicas;
- Protexer a calidade alimentaria e sanitaria.