Política Pesqueira Común (PPC)
A Política Pesqueira Común (PPC) marca as cotas que limitan a cantidade que se pode pescar de cada tipo de peixe para cada país da Unión Europea co obxectivo de que o sector se poida manter a un nivel competitivo sen que isto supoña unha ameaza para o medio ambiente.
Desta maneira, a PPC encárgase de garantir o mantemento dos ecosistemas mariños e de que todas as especies que neles habitan estean a salvo e non corran risco de extinguirse por culpa dunha pesca descontrolada e masiva.
Obxectivos da PPC
- Preservar as especies de peixes que habitan no ecosistema mariño
- Protexer este ecosistema
- Garantir a viabilidade económica do sector pesqueiro
- Proporcionar alimentos de calidade aos consumidores
- Garantir a sustentabilidade da actividade segundo criterios científicos
- Poñer fin á pesca masiva
- Crear emprego e novas oportunidades nas zonas costeiras da Unión Europea