Subvencións para a modernización de frotas de transporte de mercadorías e viaxeiros/as

Data de actualizacion: 19/03/2024

    ver máisver máis ver máisver máis

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

 

Información xeral

Obxecto 

O obxecto desta Orde é convocar as subvencións incluídas nos programas de incentivos ligados á modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea- Next Generation EU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024.

Neste programa de axudas establécense 9 categorías de solucións de modernización subvencionables:

  1. Categoría 1: Xestión de documentos de control electrónicos.
  2. Categoría 2: Sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración.
  3. Categoría 3: Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión.
  4. Categoría 4: Implantación de sistemas TMS/ERP.
  5. Categoría 5: Implantación de sistemas SAE.
  6. Categoría 6: Actualización de sistemas SAE.
  7. Categoría 7: Axudas aos servizos de transporte de viaxeiros.
  8. Categoría 8: Implantación de aplicacións para reclamacións por medios electrónicos.
  9. Categoría 9: Mellora de sistemas de ticketing.

A finalidade destas axudas é o cumprimento dos obxectivos do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Dotación orzamentaria 

  1. Destínase ao financiamento desta convocatoria un orzamento por importe total de seis millóns douscentos cincuenta e sete mil seiscentos oitenta e dous euros (6.257.682€), con cargo ás anualidades 2023 e 2024.
  2. Do importe total, destinaranse 6.069.951,54€ ás subvencións obxecto desta convocatoria, que se concederán con cago á aplicación orzamentaria 09.02.512A.770.0 dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2023 e 2024.
  3. Destinarase a custos indirectos o 3% do importe total, que ascende a 187.730,46€.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas, contarase a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 30 de xuño de 2024.

Contía das axudas 

  1. O Anexo I do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro establece o importe das axudas en función do tipo de actividade do destinatario último e do seu tamaño (número de empregados e número de vehículos). 
  2. Os importes do Anexo I do Real decreto 902/2022 para cada categoría de solucións de modernización son valores máximos. Non se poderán solicitar dous paquetes e empregar o importe dun dos paquetes para incrementar a axuda do outro.
  3. En canto ao número de empregados, computarase o persoal medio en situación de alta no réxime xeral da seguridade social no período dos doce meses anteriores á data da solicitude da axuda.
    • a) Para ou autónomos/as, computan:
      • 1º) O/a autónomo/a empregador/a.
      • 2º) O persoal medio en situación de alta no réxime xeral da seguridade social no período indicado.
      • 3º) Autónomos/as colaboradores/as que declare o autónomo/a.
    • b) Para as empresas, computan:
      • 1º) O persoal medio en situación de alta no réxime xeral da seguridade social no período indicado.
      • 2º) Autónomos/as societarios/as que declare a empresa.
  4. En canto ao número de vehículos da empresa, contabilizarase o número de vehículos no momento de presentar a solicitude de axuda. 

Procedemento de adxudicación

A resolución de concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva. As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de presentación, ata o esgotamento dos fondos.

Prazo de execución

Dado o carácter incentivador das axudas, só se admitirán actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude, sen prexuízo da realización das correspondentes actuacións preparatorias necesarias para presentar a solicitude ou levar a cabo os investimentos, sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias fosen iniciadas con posterioridade á data de publicación do Real Decreto 902/2022, do 16 de novembro, no Boletín Oficial del Estado (17 de novembro de 2021).

Datos de contacto

Sobre estes procedementos administrativos poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade, a través dos seguintes medios:

A través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana poderase obter o formulario para o cumprimento do principio DNSH nesta ligazón.

As empresas do ámbito tecnolóxico e dixital que sexan provedores de algunha das solucións de modernización incluídas no Real decreto poderán solicitar a súa adhesión ao programa na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, mediante o procedemento publicado na web do Ministerio, nesta ligazón, de conformidade co establecido no Anexo VI do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

O Ministerio de Transportes; Mobilidade e Axenda Urbana publica o rexistro de Provedores de Solucións de Modernización Adheridos nesta ligazón.

A quen van dirixidas?

  1. Os artigos 14, 15 e 16  do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, regulan os destinatarios últimos das subvencións convocadas por esta orde, os requisitos para obter esta condición e as súas obrigas.
  2. Serán destinatarios últimos das axudas, sempre que teñan a súa residencia fiscal en España, tanto as persoas xurídicas privadas incluídas na definición de peme de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, como as persoas físicas, cando, en ambos casos, cumpran algunha das seguintes condicións:
    • a) Sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor na data da solicitude das axudas:
      • 1.º Unha autorización de transporte público de mercadorías habilítante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 tn. de masa máxima, identificada coa clave MDPE.
      • 2.º Unha autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.
      • 3.º Unha autorización de transporte público de mercadorías, habilítante para facer transporte con vehículos de ata 3,5 tn de masa máxima, identificada coa clave MDLE.
      • 4.º Unha autorización de operador de transporte habilítante para intermediar na contratación de transportes públicos de mercadorías, identificadas rexistralmente coa clave OT.
    • b) Na data da solicitude da axuda presten servizo público de transporte urbano en autobús e estiveran exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas na letra a) do presente apartado.
    • c) Interveñan no proceso de transporte de mercadorías como cargador/descargador ou expedidor/receptor, tal e como se reflicte na Lei 16/1987, do 30 de xullo, no documento de control e no ADR. 

Tramitación da solicitude

Tanto a solicitude como a tramitación destes procedementos farase por medios exclusivamente electrónicos.

En consecuencia, deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, cos códigos de procedemento IF325A, IF325BIF325C, IF325D, IF325E, IF325F, IF325G, IF325H, IF325I

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución  ao interesado será de seis (6) meses, que se contará a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Unha vez ditada a resolución de concesión da axuda e determinado o importe do “cheque moderniza” , o destinatario último  deberá empregalo para a contratación dalgunha das Solucións de Modernización incluídas no Real Decreto. Dispón dun prazo máximo de tres meses (3) contados desde a data da notificación da resolución de concesión, para formalizar o  Acordo de Prestación de Solucións   de Modernización  con o Provedor  de Solución de Modernización Adherido. Para este fin, o destinatario último   remitirá ó órgano competente unha proposta do Acordo de Prestación de Solucións   de Modernización  para cada categoría solicitada   xunto co contrato previo que se tivese formalizado co  Provedor  de Solución de Modernización Adherido. O órgano concedente terá un prazo de 10 días hábiles para pronunciarse sobre a conformidade do devandito acordo. Se transcorrido o prazo de 10 días, o órgano concedente non se tivera pronunciado,  o  Acordo considerase válido. 

No prazo máximo de doce (12) meses desde a data da notificación da resolución da concesión, o Provedor de Solucións de Modernización en nome do destinatario último, presentará o Anexo XII, (solicitude de pagamento IF325J) xunto coa documentación xustificativa esixida no Anexo III do Real Decreto 902/2022 ante o órgano competente que verificará o cumprimento da execución da actuación obxecto de subvención. O órgano competente procederá a realizar o pagamento ao Provedor de Solucións de Modernización  nun  prazo  máximo de seis meses (6) desde a xustificación .

Salvo no caso de ampliación excepcional do prazo de xustificación, todas as actuacións deberán de estar xustificadas antes do 30 de abril de 2026.  

Orzamento dispoñible

Esta información será obxecto de actualización nesta páxina de xeito periódico. 

Obrigas de publicidade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicará as subvencións concedidas ao amparo desta convocatoria e as súas bases reguladoras na súa páxina https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/recursos/axudassubvencions e no Diario Oficial de Galicia expresando a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude levará implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. A publicidade no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, con todo, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da consellería.

En cumprimento do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Sen prexuízo do anterior, deberán respectarse as normas de publicidade recollidas no artigo 28 do Real Decreto 902/2022, do 25 de outubro:

  • Conforme ao recollido no puntos 4 do artigo 28 do Real Decreto 902/2022 de 25 de outubro, o destinatario final das axuda debe informar ao público do apoio obtido dos fondos europeos, facendo unha breve descrición da operación na súa páxina web, no caso de que dispoña desta, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.
  • Asemade, conforme ao recollido no puntos 5 do artigo 28 do Real Decreto 902/2022 de 25 de outubro, o Provedor de Solucións de Modernización Adherido informará o público das Solucións de Modernización que presta facendo clara mención ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Toda referencia á actuación obxecto das axudas deberá cumprir cos requisitos que figuren no Manual de imaxe do PRTR.

Modelos para a xustificación da subvención

Axudas concedidas

Preguntas frecuentes

Consulte as dúbidas máis habituais en:

Normativa relacionada