- Inicio
- Áreas
- Mobilidade
- Transporte de viaxeiros
-
Axudas e subvencions
- Axudas e subvencions
- Autorizacións de transporte
- Plan de Transporte Público de Galicia
- Sector do transporte público de persoas viaxeiras
- Sistemas de axuda á explotación (SAE)
- Transporte escolar
- Transporte público marítimo
- Xunta Arbitral de Transportes
- Procedementos e formularios
- Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal 065
- Preguntas frecuentes sobre as subvencións para a transformación de frotas de transporte de mercancías e viaxeiros/as
Preguntas máis frecuentes
Dúbidas xerais
Segundo se recolle no punto 7 do artigo 7 da Orde do 30 de marzo de 2022, “dado o carácter incentivador das axudas, só se admitirán actuacións por parte dos destinatarios últimos das axudas iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda".
Si, os sistemas de recarga de baterías para vehículos eléctricos na modalidade de adquisición directa son subvencionables sempre que reúnan os requisitos que no Real decreto 983/2021 se detallan. Entre eles, o de ter presentado simultaneamente ou previamente á solicitude de axuda para adquisición directa ou por medio de operacións de financiación por leasing financeiro ou arrendamento de vehículo eléctrico (BEV), híbrido enchufable (PHEV) ou de autonomía estendida (REEV), de categoría N2, N3, M2 ou M3. Tamén no caso de ter presentado simultaneamente ou previa solicitude de axuda para a transformación da forma de propulsión do vehículo para que pase a funcionar na súa totalidade como vehículo eléctrico (BEV). Non se poderán solicitar axudas para un número de puntos de conexión superior ao da suma de axudas para a adquisición e transformación de vehículos do tipo especificado.
Non existe un número limitado de solicitudes a presentar para a mesma tipoloxía de actuación subvencionable. Sen embargo, sinalar que segundo o artigo 10.2 da Orde que regula o procedemento: “Ao ser válida unha única solicitude por persoa ou entidade, no caso de que algunha persoa presentase unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta”. Polo que, para presentar unha nova solicitude para a mesma tipoloxía de actuación, débese esperar á resolución da primeira solicitude para poder presentar unha segunda.
No anexo I do Real Decreto 983/2021 de 16 de novembro establece a contía das axudas, que é fixa por cada actuación subvencionable en función do tipo de vehículo, tipo de empresa, potencia instalada (no caso de puntos de recarga), etc. Este anexo foi modificado, entre outros aspectos, no que se refire ás contías para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas, pola Orde Ministerial TMA/132/2022 de 28 de febreiro.
A convocatoria é única. Polo tanto, o importe total é para o conxunto das tres anualidades (2022, 2023 e 2024). Só a partir da data en que resten tres meses para a finalización da vixencia da convocatoria (30 de abril de 2024), se algunha das partidas non se esgotou e outra partida tivese lista de reserva ou espera, poderase redistribuír o orzamento entre tipoloxía de actividades, quedando sen efecto as porcentaxes establecidas no artigo 7.4 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro.
Tal e como se recolle no artigo 15.4 da Orde do 30 de marzo de 2022, no caso de esgotamento do orzamento asignado, e sempre que non expirara a vixencia dos programas, poderán seguir rexistrándose solicitudes nunha lista de reserva provisional, que serán atendidas por rigoroso orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou renuncias das solicitudes de axuda previas que puidesen liberar orzamento ou ben se incorpore novo orzamento á convocatoria.
En ningún caso a inclusión dunha solicitude na lista de reserva provisional xerará dereito algún para a persoa solicitante, ata que non se realicen sucesivas propostas de resolución conforme ao sinalado no artigo 14 da Orde do 30 de marzo de 2022.
O prazo de xustificación das actuacións por parte dos destinatarios últimos é de doce (12) meses trala notificación de resolución de concesión, excepto para as actuacións de implantación de infraestrutura de puntos de recarga de vehículos eléctricos, que será de dezaoito (18) meses, segundo o estipulado no artigo 22.1 da Orde do 30 de marzo de 2022.
Actividade 1 - Achatarramento
No caso de que a normativa EURO non figure na ficha técnica do vehículo, esta pode ser acreditada mediante informe completo da Dirección Xeral de Tráfico, tras aboar a correspondente taxa; certificado expedido polo fabricante do vehículo; ou calquera outro documento no que a normativa EURO que cumpre o vehículo poida ser acreditada fidedignamente.
Segundo a letra j) do apartado 1 do anexo III do Real Decreto 983/2021 de 16 de novembro, modificado polo Real Decreto 188/2022 de 15 de marzo, “achegarase copia da Tarxeta ITV (ficha técnica) do vehículo na que conste a normativa Euro do vehículo a achatarrar. No caso de que non conste na Tarxeta ITV (ficha técnica), ou que non se poida acreditar por parte da persoa solicitante, considerarase que a categoría Euro do vehículo é a máis baixa da permitida na súa data de fabricación”. Neste sentido, e segundo instrucións do Ministerio:
- Os matriculados antes do 1 de outubro de 2001 están no grupo “vehículo Euro II ou máis antigo”.
- Os matriculados a partir do 1 de outubro de 2021 cumpren, polo menos, co estándar Euro III (é dicir, que están no grupo “vehículo Euro IV ou Euro III”).
- Aqueles matriculados a partir do 1 de outubro de 2009 terán o estándar Euro V (é dicir, que están no grupo “vehículo Euro V ou EEV”).
- Os Euro VI ou calquera vehículo matriculado a partir do 1 de xaneiro de 2014 non teñen dereito a axudas para achatarramento.
Se o vehículo susceptible de achatarramento ten máis dun titular, o/a solicitante da axuda deberá ter autorización do resto de persoas titulares para actuar en representación de todas elas.
Conforme lo dispuesto en el Anexo I del Real Decreto 983/2021 de 16 de noviembre, los límites de ayuda para personas físicas serán de un vehículo por destinatario último y convocatoria, y para las empresas serán de treinta (30) vehículos por destinatario último y convocatoria.
Este límite de (30) vehículos estará vigente mientras permanezca en vigor el Marco Nacional Temporal. A partir de la finalización de la vigencia de dicho Marco Nacional Temporal, estas ayudas deberán cumplir con los límites del Reglamento (UE) n.º 1407/2013 de la Comisión, de 18 de diciembre de 2013, relativo a la aplicación de los artículos 107 y 108 del Tratado de Funcionamiento de la Unión Europea a las ayudas de minimis.
A actividade de achatarramento é independente das outras actividades que regula esta orde polo que non é preciso adquirir un vehículo para poder acceder a subvención para achatarramento.
Se o permiso de circulación permite constatar a titularidade do vehículo durante cando menos 2 anos, podería considerarse válido para acreditar este punto. En calquera caso, o informe completo da DXT si sería admitido.
Segundo o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, os vehículos dados de baixa temporal poderían ser obxecto de axuda se o último recibo está aboado e está ao corrente de pagos.
O contido que debe figurar na conta xustificativa simplificada, para a actividade de Achatarramento e para aquelas entidades ás cales se lles concedeu unha cantidade igual ou inferior a 100.000,00 €, aparece reflexado no artigo 22.2 da Orde do 30 de marzo de 2022.
Dado que na maioría dos casos, as persoas beneficiarias non teñen que incorrer en gastos para levar a cabo a actividade de achararramento, os puntos que debe conter a devandita conta xustificativa simplificada serán os seguintes:
- Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.
- Declaración responsable do representante legal da entidade (no caso de agrupación de entidades de cada unha delas), complementaria e actualizada, doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.
- No caso de ter incorrido en gastos, relación de todos os gastos efectuados, con indicación da data e do número da factura ou do documento xustificativo do gasto, identificación do seu emisor, data e forma de pagamento e descrición do gasto co seu importe en moeda local e o seu equivalente en euros.
Con respecto ao resto de puntos que figuran no devandito artigo 22.2, simplemente facerlles referencia e indicar que non serían de aplicación.
Actividade 2 - Adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono
Tal e como se recolle no sexto parágrafo dentro do epígrafe "Actividade 2. Adquisición de vehículos novos con enerxías alternativas baixas en carbono", do anexo I do Real Decreto 983/2021 de 16 de novembro, "todos os vehículos subvencionables deben cumprir sempre coa normativa europea de emisións máis recente, actualmente Euro VI step E (Regulamento (CE) nº 595/2009 do Parlamento Europeo e do Consello e modificacións posteriores)".
Si, en base ao artigo 31.4 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, deberá permanecer baixo a mesma titularidade durante polo menos 2 anos. No caso de que exista un cambio na devandita titularidade antes do devandito período, deberá poñerse este feito en coñecemento do órgano que lle outorgou a axuda. No caso de renting, o contrato deberá ser de polo menos 2 anos de duración.
Neste caso aplicaría o carácter incentivador e, polo tanto, a factura de adquisición, matriculación do vehículo, xustificantes de pago e, no seu caso, contrato de renting, deben ser posteriores á data de rexistro da solicitude de axuda.
O destinatario último da axuda é o cliente final (arrendatario/a) que dispón da autorización de transporte, polo que o límite aplicase ao destinatario último da axuda.
Actividade 4: Instalación de puntos de recarga
Non. Só é elixible a adquisición directa, é dicir, implantación de infraestrutura de recarga sendo o/a destinatario/a último/a a persoa propietaria da mesma.
No presente programa moduláronse as axudas á recarga para dar unha sinal de apoio á recarga rápida e ultra rápida, é dicir aquela que permite recargar vehículos pesados a partir de 50 kW. Polo tanto, a potencia que se debe considerar a efectos de establecer a intensidade de axuda é a do punto de recarga e non a da instalación total.
Nota: no caso de solicitudes de infraestruturas con varios puntos de recarga, bastará con que exista polo menos un punto que poida subministrar a recarga a potencia ≥50kW para poder acceder á axuda, nos casos sinalados a tal efecto no Anexo I.
As bases establecen, con carácter xeral, que o Programa se acollerá á Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Para o caso de puntos de recarga, a titularidade do punto deberá manterse polo menos durante 2 anos.
Como establece el Anexo I del Real Decreto 983/2021 de 16 de noviembre para la actividad 4, las cuantías establecidas son únicas por punto de recarga completamente instalado y con acceso para su uso por vehículo pesado tipo N2, N3, M2 o M3. En el caso de instalaciones con doble punto de recarga, las ayudas para cada una de ellas serán las correspondientes a su potencia. En el caso de existir costes subvencionables comunes a los dos puntos de recarga (por ejemplo obras de acometida) se establece que el coste subvencionable de la instalación se repercuta por punto de recarga, de forma proporcional a la cuantía solicitada/ofrecida para cada punto de recarga según su potencia.
Os vehículos híbridos (HEV) non contabilizan para este propósito. Si o fan os híbridos enchufables (PHEV).