Participación de Galicia na UE
As comunidades autónomas (CC. AA.) teñen numerosas competencias que, como consecuencia da integración de España na Unión Europea, resultan afectadas polas decisións das institucións comunitarias. Esta situación suscitou a cuestión da participación das CC. AA. na formación da vontade estatal ante as institucións comunitarias. Así, a partir de finais de 1980, comezan a poñerse en marcha instrumentos de cooperación entre o Estado e as CC. AA., co obxecto de articular a participación destas nos asuntos europeos que lles afectan.
Participación da Comunidade Autónoma de Galicia en órganos e institucións comunitarias:
- Consello da Unión Europea
- Comisión Europea
- Comité Europeo das Rexións
- Consultas públicas abertas á participación cidadá
- Participación de Galicia en órganos estatais para asuntos europeos