Financiamento comunitario: Plan de recuperación para Europa

En xullo de 2020 os líderes europeos chegaron a un acordo sobre o Plan de Recuperación para Europa composto por: 

  • Un Marco Financeiro Plurianual (MFP) reforzado para 2021-2027 e cifrado en 1,0743 billóns de euros. 
  • Un novo Instrumento temporal de recuperación, NextGenerationEU (NGEU), que complementará o MFP con 750.000 M € para axudar á UE para reconstruírse tras a pandemia. Para financiar este novo instrumento, a Comisión Europea obterá préstamos nos mercados a custos máis favorables que moitos estados membros e redistribuirá os importes.

O orzamento a longo prazo da UE, xunto con NextGenerationEU, instrumento temporal concibido para impulsar a recuperación, será o maior paquete de estímulo xamais financiado a través do orzamento da UE. Un total de 1,8 billóns de euros axudará a reconstruír a Europa posterior á COVID-19, que será máis ecolóxica, dixital e resiliente.

O 17 de decembro de 2020 chegouse á última etapa da adopción do próximo orzamento a longo prazo da UE.

Principais elementos:

  • Máis do 50 % do importe apoiará a modernización mediante políticas que contemplen a investigación e a innovación, a través de Horizonte Europa; transicións climática e dixital xustas, a través do Fondo de Transición Xusta e o programa dixital; preparación, recuperación e resiliencia, a través do Fondo de Recuperación e Resiliencia, rescEU e un novo programa de saúde, EU4Health.
  • As políticas tradicionais, tales como a política de cohesión e a política agrícola común, tamén seguirán recibindo un apoio financeiro.
  • O 30 % dos fondos da UE destinarase á loita contra o cambio climático, a maior porcentaxe do maior orzamento europeo da historia. O paquete tamén presta especial atención á protección da biodiversidade biolóxica e á igualdade de xénero.
  • O orzamento contará con mecanismos de flexibilidade reforzados para garantir a súa capacidade para facer fronte a necesidades imprevistas. Desta maneira, trátase dun orzamento preparado non só para as realidades actuais, senón tamén para as incertidumes do futuro.

Ligazóns de interese:

Ámbito europeo:

Ámbito nacional:

Ámbito autonómico:

 

 

Ligazóns relacionadas