Política Pesqueira Común (PPC)

A Política Pesqueira Común (PPC) marca as cotas que limitan a cantidade que se pode pescar de cada tipo de peixe para cada país da Unión Europea co obxectivo de que o sector se poida manter a un nivel competitivo sen que isto supoña unha ameaza para o medio ambiente.

Desta maneira, a PPC encárgase de garantir o mantemento dos ecosistemas mariños e de que todas as especies que neles habitan estean a salvo e non corran risco de extinguirse por culpa dunha pesca descontrolada e masiva.

Obxectivos da PPC

  • Preservar as especies de peixes que habitan no ecosistema mariño
  • Protexer este ecosistema
  • Garantir a viabilidade económica do sector pesqueiro
  • Proporcionar alimentos de calidade aos consumidores
  • Garantir a sustentabilidade da actividade segundo criterios científicos
  • Poñer fin á pesca masiva
  • Crear emprego e novas oportunidades nas zonas costeiras da Unión Europea

Ligazóns relacionadas