Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO 2023

Data de actualizacion: 13/04/2023

Esgotamento do crédito Orde Eurotaxi 2023

Ao abeiro do establecido no artigo 5.4.1 da Orde do 14 de novembro de 2022, pola  que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi Eco, e se convocan para o exercicio 2023, infórmase de que unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a última solicitude a que se puido conceder a axuda antes do esgotamento total do crédito na liña Eurotaxi foi a IF303A-0153/2023 presentada na sede electrónica o día 20/01/2023 ás 14:15:46h,  na liña de vehículos Eco foi a IF303A-0076/2023 presentada na sede electrónica o día 30/11/2022 ás 15:54:46h e na liña de vehículos emisións cero foi a IF303A-121/2023 presentada na sede electrónica o día 22/12/2022 ás 10:36:34h. Xa que logo, infórmase do peche adiantado do prazo para a presentacijon de solicitudes nos termos establecidos na orde nas anteditas liñas.
 
Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, na orde de convocatoria establécese que as solicitudes que se presenten unha vez esgotado o crédito, de ser o caso, quedarán nunha lista de agarda e serán admitidas a trámite na medida na que exista crédito para poder atendelas.
 

Documentos relacionados

  • Modelo adhesivo (as medidas deben ser 10,3 cm de alto por 18 cm de ancho)
    PDF