Consultas públicas abertas á participación cidadá

Unha das prioridades da Comisión Europea é protexer e consolidar a democracia, dar voz á cidadanía e achegar unha maior transparencia ao longo do proceso lexislativo comunitario. Para iso, puxo en marcha un punto de acceso único baixo a denominación “Díganos o que pensa”, co obxectivo de facilitar a participación nas consultas e iniciativas da Comisión durante a fase de elaboración das políticas europeas. 

A través deste portal, os/as cidadáns/ás poden acceder ás distintas iniciativas abertas a consulta pública e realizar achegas ou comentarios ás distintas propostas da Comisión Europea.

 

Ligazóns relacionadas