- Inicio
- Colectivos
- Asociacións
-
Disolución e baixa rexistral
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
Asociacións
-
Asociacións
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
-
Asociacións
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
Disolución e baixa rexistral
As asociacións disolveranse polas causas previstas nos estatutos e, no seu defecto, pola vontade dos asociados expresada en asemblea xeral convocada ao efecto, así como polas causas determinadas no artigo 39 do código civil e por sentencia xudicial firme.
A solicitude de inscrición debe presentarse no prazo dun mes dende a data de concorrencia das causas previstas nos estatutos, das causas establecidas no artigo 39 do Código Civil ou dende a data do acordo adoptado polas persoas asociadas en asemblea xera convocada ao efecto (artigos 61 e 62 R.D. 949/2015, do 23 de outubro).
Que documentos teño que presentar?
- Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada por unha das persoas titulares da xunta directiva e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
- Certificación expedida pola persoa ou cargo con facultade para certificar, con visto e prace da persoa titular da presidencia, segundo o caso:
- Se a disolución se produce polas causas previstas nos estatutos, certificación expresiva do artigo que regula tales causas e a data na que se produciron.
- Se a disolución se produce en virtude do artigo 39 do código civil, certificado expresivo das causas determinantes da mesma e a data en que se produciron.
- Se a disolución se produce por vontade das persoas asociadas en asemblea xeral, certificación do acordo adoptado (modelo formato .docx - modelo formato .odt), no que conste:
- Data e lugar da reunión, contido do acordo, quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos
- Que a disolución foi aprobada conforme aos requisitos que para a adopción de acordos establecen os estatutos.
- No caso de existir patrimonio no momento da disolución, documento acreditativo da aceptación e identidade das persoas encargadas da liquidación, da situación patrimonial da asociación e sinalamento, no seu caso, da existencia de acredores e do destino que se lle vai a dar ao patrimonio conforme ao establecido nos estatutos. Para solicitar a cancelación dos asentos rexistrais, os liquidadores deberán presentar solicitude acompañada de documentación xustificativa da aplicación do patrimonio remanente.
Os liquidadores teñen as seguintes obrigas:
- Velar pola integridade do patrimonio da asociación.
- Concluír as operacións pendentes e efectuar as novas que sexan precisas para a liquidación.
- Cobrar os créditos da asociación.
- Liquidar o patrimonio e pagar aos acredores.
- Aplicar os bens sobrantes da asociación aos fins previstos polos Estatutos.
- Solicitar a cancelación dos asentos no Rexistro.
- No caso de insolvencia, promover inmediatamente o oportuno procedemento concursal ante o xuíz competente.
- No caso de non existir patrimonio no momento da disolución, debe indicarse expresamente esta circunstancia na solicitude, sen que sexa necesario achegar a documentación mencionada no punto 3.
- Xustificante do pagamento da taxa (Código 30.39.03)
- A que rexistro teño que dirixirme?