Información sobre taxas

Información para a cobertura do impreso de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia - Rexistro de asociacións sen ánimo de lucro, incluídas no ámbito de aplicación da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

A  Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece taxas por servizos administrativos.

O seguinte cadro ofrece información útil para a cobertura do impreso de autoliquidación de taxas aplicables a inscricións e información en relación co rexistro de asociacións, e no mesmo relaciónanse as denominacións e códigos das unidades administrativas tramitadoras, e dos actos sometidos a abono de taxa e importes.

**---Consellería  de.. VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO Código 04

**Segundo proceda, pola unidade tramitadora do expediente, constará un destes códigos territoriais:

Delegación de.............SERVIZOS CENTRAIS Código 13
Xefatura Territorial.......A CORUÑA Código 10
Xefatura Territorial.......LUGO Código 20
Xefatura Territorial.......OURENSE Código 30
Xefatura Territorial.......PONTEVEDRA Código 40

**--Servizo de... ASOCIACIÓNS Código 17

Taxa Código Tarifa (€)
Inscrición do acordo de constitución 30 39 01 38,35
Inscrición de adaptación á L.O. 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con modificación de estatutos 30 39 02 19,20
Inscrición do acordo de disolución 30 39 03 19,20
Inscrición da modificación dos estatutos 30 39 04 19,20
Inscrición de apertura, cambio e peche de delegacións ou establecementos 30 39 05 19,20
Inscrición de federación, confederación e unión de asociacións 30 39 06 57,54
Inscrición de incorporación e separación de asociacións a unha federación ou unión de asociacións; e de federacións a unha confederación 30 39 07 19,20
Inscrición de transformación de asociacións (por cambio de réxime xurídico) 30 39 01 38,35
Inscrición de transformación de asociacións (por cambio de ámbito) 30 39 04 19,20
Inscrición de fusión de asociacións (se dá lugar á creación dunha nova asociación) 30 39 01 38,35
Inscrición de fusión de asociacións (no suposto de absorción) 30 39 03 19,20
Obtención de informacións ou certificacións: 30 39 08 -
1º folio - 3,85
Seguintes folios - 1,91
Listaxes: 30 39 09 -
1º folio - 3,85
Seguintes folios - 1,91
Anotacións de calquera clase nos expedientes ou subministración de datos non incluídos en apartados anteriores (ex: modificación da xunta directiva) 30 39 10 8,09
Tramitación do expediente das asociacións declaradas de utilidade pública 30 39 11 19,56

Os pagos poderanse realizar, previa presentación do documento de pago correspondente, en calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia https://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos