- Inicio
- Colectivos
- Asociacións
-
Constitución dunha asociación
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
Asociacións
-
Asociacións
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
-
Asociacións
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
Constitución dunha asociación
O acordo de constitución da asociación, que incluirá a aprobación dos estatutos, formalízase mediante acta fundacional, en documento público ou privado. As asociacións, unha vez constituídas, deberán inscribirse no rexistro de asociacións para os efectos de publicidade (arts. 5-10 da L.O. 1/2002, do 22 de marzo, e artigos 42-43 do R.D. 949/2015, do 23 de outubro).
- Solicitude de inscrición inicial (modelo PR308A) formulada por unha das persoas fundadoras da asociación e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
- Acta fundacional (modelo formato .docx - modelo formato .odt): un exemplar orixinal asinado por todas as persoas promotoras ou fundadoras, no que consten os seguintes datos:
- Nome e apelidos das persoas promotoras da asociación, se son persoas físicas; a denominación ou razón social se son persoas xurídicas; e en ambos os casos a nacionalidade, domicilio e documento de identidade.
- Expresión da vontade de constituír unha asociación, e a denominación desta, que será coincidente coa sinalada nos estatutos.
- Lugar, data e sinatura das persoas promotoras ou, no caso de persoas xurídicas, dos seus representantes.
- Identificación das persoas que integran o órgano provisional de representación ou xunta directiva.
- Estatutos (modelo formato .docx - modelo formato .odt): un exemplar orixinal, asinado por todas as persoas promotoras ou fundadoras, redactado co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo.
- Outra documentación:
- No caso de promotores persoas xurídicas, deberán presentar certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que conste a vontade de constituír a asociación, formar parte dela e designación da persoa física representante, que será coincidente coa que participe no acto constitutivo (modelo formato .docx - modelo formato .odt).
- No caso de promotores/as menores non emancipados/as maiores de catorce anos, deberán acreditar documentalmente o consentimento da persoa que deba suplir a súa capacidade, sen prexuízo do réxime xurídico previsto para as asociación infantís, xuvenís ou de alumnos/as.
- Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas promotoras (anexo II)
- Copia do NIF da asociación
- Xustificante do pago da taxa (Código 30.39.01)
- A que rexistro teño que dirixirme?
Asociacións xuvenís - (modelo formato .docx - modelo formato .odt)
Requisitos: as persoas asociadas terán entre os 14 anos cumpridos e 30 sen cumprir.
- Normativa específica: Real Decreto 397/1988, do 22 de abril, polo que se regula a inscrición rexistral das asociacións xuvenís
Asociacións de nais e pais (ANPAS) - (modelo formato .docx - modelo formato .odt)
Requisitos: constitúense en centros de ensino e as persoas asociadas serán pais, nais, titores ou titoras dos/as alumnos/as do centro.
- Normativa específica: Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora da educación
- Real Decreto 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as asociacións de pais de alumnos
- Orde do 16 de xaneiro de 1987, da Consellería de Educación, pola que se regulan as asociacións de pais de alumnos