- Inicio
- Colectivos
- Asociacións
-
Fusión de asociacións
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
Asociacións
-
Asociacións
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
-
Asociacións
- Normativa
- Constitución dunha asociación
- Modificación dos estatutos
- Transformación de asociacións
- Fusión de asociacións
- Modificación da xunta directiva
- Apertura ou peche de delegacións
- Federacións, confederacións e unións de asociacións
- Disolución e baixa rexistral
- Información sobre taxas
- Códigos de actividade de asociacións
- Declaración de utilidade pública
- Rexistro de asociacións
Fusión de asociacións
A fusión de asociacións pode producirse de dúas formas:
- Mediante constitución dunha nova asociación por fusión de dúas ou máis existentes
- Por absorción dunha ou varias asociacións por outra asociación xa existente
(Ambos supostos están regulados no artigos 27, 59 e 60 do R.D. 949/2015, do 23 de outubro).
A solicitude de inscrición debe presentarse no prazo dun mes dende a adopción do último acordo de fusión adoptado polas asociacións afectadas.
Que documentos teño que presentar?
A) Fusión mediante constitución dunha nova asociación
- Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada por unha das persoas promotoras da nova asociación e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
- Actas das reunións das asembleas xerais ou certificado dos acordos de fusión adoptados por cada unha das asociacións que se fusionan (modelo formato .docx - modelo formato .odt): expedido pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace da presidencia. Debe constar que a fusión foi aprobada conforme aos requisitos que para a adopción de acordos establecen os estatutos de cada asociación.
- Acta fundacional da nova asociación xurdida da fusión, co seguinte contido:
- Denominación, núm. de inscrición e rexistro no que consta inscrita cada unha das asociacións fusionadas, así como identidade, nacionalidade, DNI e domicilio das persoas que actúan na representación das mesmas.
- A vontade das asociacións de constituír unha asociación por fusión, a súa denominación, e os pactos que no seu caso establecesen.
- A designación das persoas integrantes do órgano de representación ou xunta directiva.
- Lugar e data de outorgamento da acta asinada polas persoas promotoras.
- Estatutos da nova asociación (modelo formato .docx - modelo formato .odt): un exemplar orixinal asinado por todas as persoas promotoras ou fundadoras, redactado co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo.
- Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas promotoras da nova asociación (anexo II)
- Xustificante do pagamento da taxa (Código 30.39.01)
- A que rexistro teño que dirixirme?
B) Fusión por absorción
- Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada por unha das persoas titulares da xunta directiva da asociación absorbente e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
- Acta ou certificación dos acordos das asembleas xerais das asociacións fusionadas (modelo formato .docx - modelo formato .odt), onde consten os respectivos acordos de fusión e as datas de aprobación, con indicación de que a fusión se aprobou conforme aos estatutos.
Así mesmo, debe constar a cal é a asociación absorbente e cales son absorbidas, aos efectos de conservar o número de Rexistro e denominación da asociación que permanece, e formalizar a baixa rexistral das asociacións absorbidas. - Novos estatutos ou, no seu caso, certificación na que conste que seguen vixentes os estatutos da asociación absorbente (modelo formato .docx - modelo formato .odt).
- Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas titulares da xunta directiva (anexo II)
- Xustificante do pagamento da taxa (Código 30.39.03)
- ¿A qué registro tengo que dirigirme?