- Inicio
- Áreas
- Mobilidade
-
Transporte de mercadorías
- Transporte de viaxeiros
- Transporte de mercadorías
- Transporte público marítimo
- Formación para profesionais do transporte
- Mobilidade sostible
- Comunicación de incumprimentos normativos á Inspección de Transporte
- Estratexia Galega de Mobilidade
- Programa Galicia FEDER 2021-2027
- Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
- Axudas e subvencions
- Transporte de mercadorías
Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO 2026
Data de actualización: 01/10/2026
ESGOTAMENTO DO CRÉDITO ORDE EUROTAXI 2026
Ao abeiro do establecido no artigo 5.4.2 da Orde do 2 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi Eco, e se convocan para o exercicio 2026, INFÓRMASE de que unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a última solicitude a que se puido conceder a axuda antes do esgotamento total do crédito foi a IF303A-0254/2026 presentada na sede electrónica o día 22/07/2026 ás 11:27:32h. Xa que logo, INFÓRMASE DO PECHE ADIANTADO DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NOS TERMOS ESTABLECIDOS NA ORDE NAS ANTEDITAS LIÑAS.
Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, na orde de convocatoria establécese que as solicitudes que se presenten unha vez esgotado o crédito, de ser o caso, quedarán nunha lista de agarda e serán admitidas a trámite na medida na que exista crédito para poder atendelas.
Documentos relacionados
- Modelo adhesivo (as medidas deben ser 10,3 cm de alto por 18 cm de ancho)