Competencias e funcións
A Lei Orgánica 2/1986 de Forzas e Corpos de Seguridade dispón o marco competencial que lle corresponde ás Comunidades Autónomas respecto das súas Policías.
No seu artigo 38, recolle que as Comunidades Autónomas en cuxos Estatutos estea previsto crear Corpos de Policía para o exercicio de funcións de vixilancia e protección ás que se refire o artigo 148.1.22ª da Constitución e ás demais que lle atribúe a presente lei, poderán exercer con carácter de propias as seguintes funcións:
- Velar polo cumprimento das disposicións e ordes singulares ditadas polos órganos da Comunidade Autónoma.
- A vixilancia e protección de persoas, órganos, edificios, establecementos e dependencias da Comunidade Autónoma e dos seus entes instrumentais, garantindo o normal funcionamento das instalacións e a seguridade dos usuarios dos seus servizos.
- A inspección das actividades sometidas á ordenación ou disciplina da Comunidade Autónoma, denunciando toda actividade ilícita.
- O uso da coacción en orde á execución forzosa dos actos ou disposicións da propia Comunidade Autónoma.
As devanditas funcións recóllense expresamente no Acordo Administrativo de Colaboración entre o Ministerio do Interior, do 22 de outubro de 1990, e nos subseguintes acordos sobre novas prórrogas, así como na Orde do Ministerio do Interior, do 19 xuño de 1991.
A UPA crece na prestación dos seus servizos de xeito paralelo ás novas competencias asumidas polo Goberno galego, circunstancia que determina tanto o incremento dos seus recursos humanos e materiais, como no maior despregamento no territorio da nosa Comunidade Autónoma.
Dende esta óptica de crecemento da UPA, e conforme a experiencia acumulada, pódense agrupar as súas actuacións en cinco ámbitos de actividade:
- Seguridade estática
- Protección
- Investigación
- Xestión técnica e de persoal
- Policía comunitaria
Sedes da UPA central, provinciais e locais
Xefatura | Enderezo | Teléfono |
---|---|---|
SANTIAGO | Rúa Roma 25 - 27 15703- Santiago de Compostela |
981 546 474 |
A CORUÑA | Ronda de Nelle, 24 15005- A Coruña |
981 153 410 |
LUGO | Ronda Fingoi esq. Avda. Madrid 27001- Lugo |
982 252 611 |
OURENSE | Rúa Clara Campoamor, 9-17, baixo 32002-Ourense |
988 241 200 |
PONTEVEDRA | Rúa San José 4-6 36001- Pontevedra |
986 843 432 |
VIGO | Rúa Pateira 7 36214- Vigo |
986 266 158 |